Comezamos forte cunha gran pregunta no nosa primeira lectura do club: ¿Por qué ser feliz cuando puedes ser normal? Autobiografía da escritora británica e lesbiana Jeanette Winterson. Publicado en castelán no 2012 por Lumen, tédelo de préstamo na biblioteca do Ágora (enlace ó catálogo OPAC).

O título foi a pregunta-resposta que obtivo Jeanette Winterson na súa mocidade ó descubrir a súa nai adoptiva as súas tendencias lésbicas. Unha nai excesivamente relixiosa que precisamente consideraba os libros -salvo a Biblia e as historias de crimes- coma unha porta aberta ao pecado, “xa que nunca sabes que vas atopar ata que é demasiado tarde”.  Sen spoilear demasiado, destacamos ese diálogo reflectido no libro:

—Jeanette, ¿puedes decirme por qué?

—Por qué, ¿qué?

—Sabes muy bien el qué.

—Cuando estoy con ella soy feliz. Feliz, sin más.

Asintió. Parecía que comprendía y pensé, de verdad, por un instante, que iba a cambiar de opinión, que hablaríamos, que estaríamos al mismo lado del muro de cristal. Esperé. Al final soltó:

¿Por qué ser feliz cuando puedes ser normal?

Porque-ser-feliz-cuando-puedes-ser-normal-jeanette-winterson

Jeanette Winterson é unha das escritoras consagradas da literatura LGTB, pois a súa identidade lésbica está case sempre presente nas súas obras. Escollemos esta autobiografía por ser unha boa iniciación ó seu estilo mordaz, irónico, con pingas de humor e unha prosa exquisita na que mestura os xogos de palabras cun preclaro xeito de fiar os acontecementos trascendentais dunha vida de loita pola desarmarización.

Aínda que seguro falaremos de máis libros dela, dos que salientamos Fruta prohibida (1985), a súa primeira novela, agardamos poder comentar xunt@s pasaxes favoritas e eixos temáticos para o debate, dos que iremos adiantando algunha cousiña noutro post que compartiremos a vindeira semana.

Se quedades con curiosidade, recomendamos esta revisión feita por El País no momento de publicarse a autobiografía.

Falamos algo máis? Vémonos na presentación e primeira sesión do Club de lectura Queeruña na biblioteca do Fórum Metropolitano o martes 28 ás 18:20h! (Evento en Facebook neste enlace)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s