Benvid@s de novo ó noso blog de apoio ó club de lectura Queeruña, onde compartimos material relacionado coa cultura LGTB. No vindeiro encontro que teremos o 26 de outubro ás 18:30h no Ágora (non estás anotad@? Bule e faino aquí!) comentaremos El azul es un color cálido, cómic da autora francesa Julie Maroh.

O cómic foi publicado en 2011 e levado ó cine no 2013 baixo a dirección de Abdel Kechiche, co título La vida de Adèle. Se a cinta logrou a Palma de Ouro do festival de cine de Cannesa novela gráfica acadou o premio á mellor obra no Festival de Agoulême, o de maior sona en Francia.

Julie Maroh, a súa autora, firmou con esta obra o seu primeiro cómic, tras o que viría Skandalon no 2014 e unha colaboración no 2015 de 40 autores franceses contra a homofobia. Maroh fixo coa súa primeira creación en bocadillos unha clara aposta pola visibilidade lésbica, unha tendencia activista que se ven refrendada polo seu pulo á creación do Colectivo de Creadoras de Cómic contra el Sexismo. Nesta entrevista enlazada en Pikara Magazine ela mesma sinala os aspectos que a levaron a potenciar esta faceta de creadora consciente da situación da situación profesional neste eido:

Dado que nuestro trabajo es constantemente etiquetado por razones de género, algo que no les ocurre a nuestros compañeros de profesión, nosotras, creadoras de cómic, hemos decidido unirnos para denunciar aspectos sexistas de este sector editorial, y para, a su vez, proponer maneras de luchar contra ello

No mesmo texto destaca a súa motivación para facer comics, unha filosofía que Maroh leva practicando desde moi nova (e o que lle queda, pois naceu no ano 1985):

El propósito de mis cómics es y ha sido siempre hacer preguntas sobre qué tipo de ser humano queremos ser; qué lugar queremos alcanzar; qué huella queremos dejar en la tierra.

Comentamos algo máis? Falamos neste blog, na nosa conta de Twitter e proximamente na proposta de eixos de debate que publicaremos!

One thought on “Julie Maroh, a creadora dunha historia de cine

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s