Xa estamos preparando a vindeira sesión do club de lectura Queeruña que teremos o mércores 23 de novembro ás 19h na biblioteca do Ágora. Mentres lemos A Esmorga, un grande clásico da literatura galega, que probablemente moit@s revisamos sen moita ollada LGTB, queremos comentarvos as novidades do club:

  • Todavía podes inscribirte: aínda queda algunha praza, así que bule e súmate a este proxecto tan bonito de reler grandes clásicos e modern@s con enfoque LGTB! Aquí tes o enlace para inscribirte.
  • Día e hora dos encontros: acordamos vernos o penúltimo mércores de mes ás 19h, o que supón que a última sesión do 2016 será o 21 de decembro.
  • Lectura de decembro: aquí estamos aproveitando todo o que sae, e dada a coincidencia da visita do autor na Coruña, de cara a última sesión do ano leremos El amor del revés, de Luisgé Martín.

Esta visita de Luigé, enmarcada no ciclo Letras de Outono da Fundación Luis Seoane, será a nosa primeira actividade paralela, pois pretendemos fomentar a participación en eventos relacionados coa cultura LGTB que acontecen na nosa cidade. Esta actividade está aberta a calquera persoa interesada, non tan só a quen formamos parte do club!

A cita co autor da nosa lectura de decembro será o día despois do encontro de novembro: xoves 24 ás 20h. Para abrir boca deixamos neste post un vídeo, audio e lectura sobre a obra. Primeiramente, este faladoiro do autor na canle de YouTube da editorial Anagrama:

Deseguido, en formato audio temos esta entrevista no programa con enfoque LGTB de RNE, Wisteria Lane. E xa, se queredes unha lectura pausada, recomendamos esta entrevista en Babelia onde Luisgé describe o carácter autobiográfico do libro, unha narración da súa particular metamorfose de cascuda a persoa.

Contamos contigo para o encontro de novembro do club de lectura e para a cita con Luigé ó día seguinte? Falamos por aquí, por mail en clubdelecturaqueerunhaARROBAgmailPUNTOcom e no noso Twitter, onde compartimos máis novidades do club e novas de cultura LGTB.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s