Seguimos cunha nova entrada deste Club de lectura Queeruña… Queeruña… Que pasou pola vosa mente a primeira vez que escoitáchedes falar do club?

Somos ben conscientes de que a palabra queer (termo que, simplificando moito, fai referencia á identidade daquelas persoas non heterosexuais ou de xénero non binario) aínda non é de uso cotiá, así que cando alguna persoa se interesa polas nosas actividades adoitamos a definirnos como un espazo no que poder compartir con liberdade e confianza reflexións e opinións sobre cultura e literatura LBGT*. E grazas a este rebumbio de siglas, algúns nomes clásicos das letras gays e lésbicas entran en xogo: Oscar Wilde, Virginia Woolf, Lorca, Capote, etc.

Ao mesmo tempo, o máis habitual cando cursabamos historia da literatura, era que non se fixera mención algunha acerca da orientacion sexual de moitas das autoras ou dos autores estudados. E todo porque a nosa sociedade ten á súa disposición unha ferramenta moi poderosa: a idea da heterosexualidade obrigatoria (para afondar máis neste concepto, ler a Adrienne Rich). Grazas a mesma, a non ser que fagamos explícita a homosexualidade dunha persoa, todas damos por suposto que esta é heterosexual, casou, tivo fillos, etc.

ourense_blanco_amor_por_xose_cid

Isto mesmo foi o que aconteceu cando nalgún momento do noso paso polo sistema educativo nos presentaron a figura de Eduardo Blanco Amor. Nado en Ourense en 1897, é coñecido como un dos máis importantes escritores da lingua galega, renovador da narrativa (A Esmorga; Os Biosbardos; etc.), axitador cultural dende o exilio, autor de teatro; etc. Pero en poucas das súas biografías fálase de Blanco Amor como un escritor homosexual. Esta cuestión, que por suposto se traslada aos seus escritos, omítese, invisibilízase. Tendo en conta que a historia (e tamén a historia da literatura) está escrita dende a “normalidade” heterosexual, tampouco deberiamos extrañarnos moito.

En relecturas da súa obra e da súa figura máis recentes, outras autoras significadas pola súa escrita diversa en termos de afectividade, puxeron o foco nesta cuestión. Por exemplo, María Xosé Queizán fala de el “como un home torturado pola significación sexual que tiña a súa homosexualidade”. Tamén Teresa Moure, na súa obra (de máis que recomendable lectura) Queer-emos un mundo novo fala de Blanco Amor e de A Esmorga nun capítulo dedicado á literatura galega queer.

roteiro_a_esmorga_ourense

Si, si. A Esmorga. Na próxima sesión do Club de lectura abriremos o debate sobre acaso a obra máis (re)coñecida de Blanco Amor. Un libro que pasou por todas as nosas mans, e que foi explicado en moitas ocasións como unha obra de crítica social, pero sen aproveitar todas as súas posibilidades como ferramenta para abordar a construción das masculinidades; a representación da homosexualidade; a violencia e a homofobia; etc.

En todo caso, estas son cuestións que falaremos no noso próximo encontro. A que non pensarades na Esmorga como unha lectura para o Queeruña? Por convidad@s estades a compartir reflexións. Será o próximo mércores 23, ás 19.00 na biblioteca do Centro Ágora. Vémonos!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s