Este mércores 23 de novembro tivemos a segunda sesión do club de lectura Queeruña no que debatimos sobre A Esmorga, unha obra clásica da literatura galega que deu moito de si para o curtiña que é! Tras facer unha primeira rolda de impresións, fomos tirando dos puntos de análise.

Case todas as persoas que estabamos comentamos que, aínda que foi lectura obrigatoria no instituto, poucas referencias á homosexualidade tivemos por parte do profesorado que impartía Lingua e Literatura Galegas. Reparamos no subxectivo das ensinanzas académicas, e preguntámonos cantas referencias a personaxes LGTB perdemos no noso transcurso didáctico. Incluso, na revisión recente, foron varixs queeruñxs quen comentaron que pasáreselles por alto a trama homosexual. Vimos que esta era a cita máis evidente en todas as páxinas:

Endexamais resultou claro si se tiñan agarimo ou xenreira, pois non podían andar o un sen o outro e nunca os ollei bébedos por separado… Cando non bebían non se saudaban apenas…

Máis polo miudo, coincidimos na grande capacidade de Blanco Amor de trasladarnos as atmósferas: o frío, o temporal, a chuvia e atmósfera da taberna, tal que case acabamos de ler coa resaca de toda a esmorga que levaban enriba os protagonistas. Ademais, comentamos como a obra está cargada de culpa, mono do alcol e sordidez a través de “o pensamento”, leitmotiv constante en toda a novela que atosiga á personaxe principal.

Iso si, a calidade narrativa non quita que o fío argumental non fora moi do noso gusto, se ben consideramos que fai un bo retrato social da Galicia da metade do século XX. Nesa Galicia nun entorno urbanita, apreciamos unha clara marxinalidade e unha visión das mulleres coma putas ou santas, representadas estas últimas no estereotipo da nai preocupada ou na muller-boneca como ideal da muller perfecta que en realidade, non existe.

Doutra banda, se ben o fío argumental é sinxelo, atopamos unha serie de matices que deixan entrever, se cadra, o alter ego dun Blanco Amor que tivo que reprimir a súa propia sexualidade e agochar onde non se podía un subtexto dos xestos que a masculinidade imperante permitía ou non. Incluso a propia personaxe homosexual, O Milhomes, ben puidera ser unha crítica sobre o estereotipo do afeminado de quen facer burla.

Coas súas luces e sombras, tivemos unha horiña de agradable debate dunha obra da que tirar un subtexto LGTB con lupa, especialmente en compartación coa primeira lectura, moito máis explícita, El azul es un color cálido.

Anotacións á marxe e curiosidades:

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s