Comezamos ano coa primeira lectura de 2017: Para acabar con Eddy Belleguele, do novísimo escritor revelación Édouard Louis (nado no 1992). Hoxe queremos achegarvos á súa figura antes de compartir a proposta de eixos de debate que teremos o 18 de xaneiro ás 19h na biblioteca do Ágora.

Sempre resulta relevante falar de quen escribe os libros que analizamos no club de lectura LGTB Queeruña, máis se cabe no caso desta autobiografía. Se xa comezáchedes a ler a obra, saberedes que Édouard Louis naceu en Picardía, unha rexión industrial do norte de Francia, na que a poboación semella predestinada desde o seu nacemento a seguir un estilo de vida que xira en torno ós ríxidos estándares de clases e ó duro traballo fabril. Todo fiado pola violencia, principalmente a da pobreza e a das atribucións de comportamento determinados polo xénero. Édouard fala de como a literatura lle serviu como ferramenta para falar das cousas que a sociedade relegou ó silencio e á privacidade. O certo é que este bote salvavidas chegou tarde: ós 18 anos -“ler era un signo de feminidade“.

edouard_louis_at_columbia_university

Ós 16 anos mudou o seu nome e a súa vida escapando da que fora a súa casa para poder vivir o seu renacer nun entorno menos hostil. Tras ser rexeitado por varias editoriais -“esa realidade non existe en Francia” refutáranlle- finalmente publicou Para acabar con Eddy Bellegueule en 2014, e xa vendeu máis de 250.000 exemplares, traduciuse a máis dunha decena de idiomas e, confesa o autor, desembocou en case 3.000 cartas de lectores contándome a situación de sufrimento que eles tamén viviran. Un sufrimento que, aínda estando asentado no proceso evolutivo da vida universitaria, deixa sedimento nas súas relacións familiares: “son o único que estudou, bótanme en cara como visto e como falo, coma se todo fora un ataque”. Nesta mesma entrevista de El País, admite, “non creo que meu pai sexa culpable de chamarme marica cando era rapaz. É o sistema quen o produciu”.

Édouard Louis rematou a súa formación en Historia e Socioloxía mentres publicou o seu segundo libro: Pierre Bourdieu. A insubmisión como herdanza. Actualmente atópase finiquitando a súa terceira obra, Historia da violencia, na que novamente falará de desigualdades na sociedade francesa, neste caso, cos inmigrantes arxelinos. Semella incrible que a literatura política siga desvelando casos tan desgarradores, e, ó tempo, resulta sanador que existan autores coma el para achegarnos unha realidade que de non ser pola literatura quedaría silenciada.

Bonus track:

-O libro gañou o Premio Pierre Guénin contra a Homofobia.

-Neste ano teremos adaptación cinematográfica.

Twitter e páxina web de Édouard Louis.

-Entrevista ó autor na revista cultural Arcadia:

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s