Boas, queeruñxs! Xa estamos lendo o prólogo (bendita editorial Cátedra) ou directamente os poemas de Poeta en Nueva York, e tamén sabedes que sempre temos a mirada posta nas cuestións relacionadas coa cultura LGTB. Queremos falarvos neste post de tres eventos que están a acontecer nestas datas:

  1. A coordinadora do club de lectura Queeruña, Bárbara G. Vilariño, acompañará a June Fernández, directora do medio feminista Pikara Magazine, na presentación do seu primeiro libro, 10 ingobernables. Será este sábado 25 ás 12:30h na libraría Berbiriana. Tamén estarán o venres ás 20h na libraría Lila de Lilith en Santiago de Compostela, por se queredes facer doblete. Recomendamos esta obra que narra dez historias de persoas LGTB que rompen as normas de xénero.10-ingobernables-june-fernandez
  2. No museo MARCO de Vigo tedes, ata o 11 de xuño, a exposición Alén dos xéneros, prácticas artísticas feministas en Galicia. Unha curiosa ollada ó activismo e ás manifestacións culturais desenvolvidas na nosa comunidade nos últimos anos.alen-dos-xeneros
  3. IV Congreso de Xéneros, Museos, Arte e Educación. Máis cuestións artísticas. A Rede Museística de Lugo organiza cada ano este congreso do que se tiran cuestións moi interesantes sobre estes catro eixos. Tedes o programa neste enlace, e a partir do 22 de febreiro podedes inscribirvos na web da Rede. Celébrase os días 10, 11 e 31 de marzo e o 1 de abril.2836_iv-congreso-xenerosrmp-1

Vémonos nalgunha destas actividades?

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s