De primeiras, debemos confesar que collemos O edificio Yacoubian con moita curiosidade, posto que é o primeiro achegamento á literatura árabe contemporánea. Damos este paso cunha das figuras máis insignes do panorama, con Alla Al Aswany. O autor, exipcio de nacemento, ós seus 59 anos ofrécenos unha revisión da sociedade exipcia dos noventa (a obra foi publicada no ano 2002) e a pegada da Historia recente na mesma.

Dentista de profesión, comezou colaborando coa prensa escrita exipcia e posteriormente con medios internacionais. Publicou o seu primeiro libro de artigos nos noventa e foi coa súa incursión na novela, este Edificio Yacoubian que temos entre mans, co que alcanzou a fama internacional. Tras el viría Chicago, ambientado na cidade onde esudou, Egipto: las claves de una revolución inevitable (2011), na que describe a Primaveira Árabe, Deseo de ser egipcio (2011) e o máis recente El Automóvil Club de Egipto (2014), no que describe os anos cincuenta no seu país natal. Toda a súa traxectoria literaria está marcada pola defensa da democracia e a denuncia social das situacións de inxustiza en Exipto e no mundo árabe.

Alaa Al-Aswany

Inevitablemente, é un dos intelectuais de referencia na mentada Primaveira Árabe, sobre a que plantexou se a sociedade exipcia estaba preparada para pagar o prezo da liberdade tras tantos anos de ditadura de Mubarak. Asegura, ademais, que para seguir mantendo contacto coa realidade do seu país continúa traballando como dentista dúas veces por semana. Nada mellor que abrir bocas para obter os relatos desexados…

Explicou en varias en entrevistas a medios de comunicación que a súa labor como escritor está precisamente en “contar o sufrimento da xente; o papel da literatura está en indagar a historia humana”. Desde logo, unha profesión que pode realizar marabillosamente debido á súa bagaxe dentro e fóra do país e pola súa ascendencia acomodada. De feito, o seu pai levábao a ese Automóbil Club do que fala na súa última novela, e de aí que puidera extraer as súas propias conclusións das diferenzas de clase no país. Esta crítica áspera ós réximes totalitarios valeulle a súa desaparición dos medios exipcios, pero continúa, grazas á súa literatura, a ser unha das voces revolucionarias da Primaveira Árabe.

Ves comentar con nós O edificio Yacoubian o vindeiro mércores 24 de maio ás 19h na biblioteca do Ágora? Nas vindeiras semanas publicaremos un post sobre o contexto da novela e outro coa nosa proposta de temas para o debate mensual. Comparte e comenta as túas impresións neste artigo ou no noso Twitter!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s