Tras o artigo descubríndovos ó autor da nosa vindeira lectura, toca que tratemos o libro en si, non? O edificio Yacoubian é a novela árabe contemporánea máis lida, e de feito obtivo o galardón nacional da literatura árabe, o Bashrahil. A obra foi traducida a máis de trinta linguas, entre elas o galego, convertíndose na primeira novela árabe na nosa lingua.

O éxito deste libro, centrado na vida de distintas personaxes que representan unha amalgama de sentimentos, clases e desexos da sociedade exipcia, ven sendo a versión cairota de La Colmena de Cela, e o seu éxito foi tal que tivo adaptación ó cinema no ano 2006O edificio YacoubianA novela retrata un Exipto que muda tras a Revolución do ano 1952 coa abdicación do rei Farouk. Vemos, a través das súas personaxes, signos da aristocracia que perdeu poder e ansía recuperalo, e a loita das persoas empobrecidas polo réxime que procuran unha vida mellor na azotea do edificio Yacoubian, símbolo á súa vez da gloria e máis da decadencia do Cairo. Ese Yacoubian, no que hai inmensos despachos case baleiros e esa azotea ateigada de soños e frustracións, na que a vida resulta case máis dura que na rúa, pero na que se pode vivir baixo un teito, aínda que estea a caer enriba…

Poderíase dicir que o edificio é case protagonista principal da obra, e as súas personaxes, as arterias polas que circula o seu sangue e nas que deixa pegada a súa impronta. Simboliza a grandeza dunha época sobre a que está a caer o peso dunha sociedade que xa cansou, que busca alternativas ben a través da violencia e os sentimentos relixiosos ou ben mediante o capitalismo e individualización.

A novela alterna fragmentos nos que vai amosando todo un mosaico de personaxes que se van cruzando, mesturando, e que comparten, no fondo, os mesmos desexos de medrar e prosperar. Grazas a cada un/ha, imos tratando distintos aspectos: a visión sobre a homosexualidade -masculina-, o peso do xénero especialmente sobre a muller, a prostitución, a relixión, o terrorismo e mesmo a corrupción. Se ben hai bastante desequilibrio na narración biográfica, a lectura resulta áxil e case ela mesma desenvolve unha narración moi audiovisual.

Non queremos desvelar moito máis desta obra que analizaremos o vindeiro 24 de maio ás 19h na biblioteca do Ágora. No noso próximo post trataremos os eixes de debate, e para o día do encontro plantexaremos unha profunda análise psicolóxica de todas as personaxes, xa que teñen moito do que tirar! Deica!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s