Neste último encontro case alcanzamos o fail, pois só chegamos a ler o libro catro persoas! E iso que tiña case cento e pico páxinas menos que a nosa vindeira lectura… O caso é que as circunstancias son as circunstancias, amiguis, e non sempre atopamos xs queeruñxs o momento idóneo para a darlle á prosa. Cousas da clase obreira, que debemos o noso reloxo a iso de pagar facturas! ;P

Ao lío, o bo do debate foi que entre as persoas que si léramos a obra logramos enganchar ó resto, que deixaran a novela a medias entre que non lograron subirse á historia e falla de tempo. Por iso mola tanto asistir a un club no que debatir as lecturas, rapazada! Refixemos o crebacabezas das relacións e historias das personaxes e vimos como o peso dunha sociedade tradicional e ultrarelixiosa pesaba sobre as eleccións e destinos individuais. Analizamos a perda de esperanza de Taha tras verse rexeitado na academia de policía polo feito de ser fillo dun conserxe, a pesar da súa valía. Vimos tamén a perspectiva capitalista de soñar cun cuarto na azotea dun edificio en plena decadencia como máxima aspiración social dunha clase empobrecida. Todas estas cuestións transversais foron consideradas como algo moi relevante para entender a psique de cada protagonista.

IMG_7533
No noso recuncho, antes da sesión

Falamos de cada protagonista porque se ben sinalamos a Zaki Bei como o tipo do que máis sabemos grazas á narración, cada personaxe ten a súa propia loita. Algunhas desas loitas quedaron inconclusas, certo é, pois -sen spoilers– só presentan un peche redondo catro personaxes entre as trece que nos desenvolve no relato. E desas loitas -sen spoiler, prometemos-, novamente temos un gañador -a parella heterosexual- e un perdedor, a parella homosexual.

A homosexualidade na obra está representada en Hatem, un exitoso xornalista exipcio moi influínte a pesar da súa orientación sexual, como deixa claro o autor no libro en varios momentos. Preguntámonos se a visión reducida do espectro LGTBI se debe a que realmente era así de reducido en Exipto nos anos 60 ou se, pola contra, cabe botarlle a culpa ó prexuízo do escritor á hora de achegarse a ese mundo. En resumo, da homosexualidade sabemos que existían uns códigos -doutra banda, como en case todas as culturas (aneis, panos, pendentes…)- e que se axustaban a unha determinada representación do xénero. Hatem, en concreto, era efeminado, e mesmo chega a describilo o autor “case como unha muller”. Si, daban ganas de arroxar o libro pola fiestra se non fora das nosas benqueridas bibliotecas.

Todos os traballadores sabían que o seu xefe era homosexual. Era unha mera sombra, débil e distante, ao lado da súa poderosa e activa imaxe profesional. Non percibían a súa homosexualidade porque era serio e estrito.

Reparamos neste reduccionismo tendo en conta tamén como se interpretan as personaxes femininas. Son planas, sen aspiracións, sen retratos psicolóxicos moi definidos máis que no caso de Busayna, a quen nos describen nunha situación exitosa polo feito de soportar menos maltrato e vexación do que é habitual.

O debate chegou ó punto de contrastar a sociedade española da mesma época e poñelo en comparación coa época actual, xa que consideramos que vivimos nun sistema no que por sorte non todo depende de quen sexas fill@, aínda que con moitas reservas… Pero o mellor do debate xa sabedes cal é, o postpartido coa caña!

IMG_7536
Tortillera, caña e queeruñxs

Desta vez fixemos o troco por El grupo de Mary McCarthy, un bo tocho que vos recomendamos comezar a ler desde xa. Vémonos para comentalo o 21 de xuño na Biblioteca do Ágora e, nesta ocasión, temos pensado facer unha cea-picoteo tras a sesión para despedir o noso primeiro ano de vida de club de lectura Queeruña! Contamos contigo? POIS SE NON LES O LIBRO COMPLETO, NANAI 😀

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s