Moi boas, queeruñxs! Como estamos de Samaín imos aproveitar para sacar da tumba a dous mortiños máis vivos que nunca, porque centran a nosa vindeira lectura do mércores 15 de novembro ás 19h: Eduardo Blanco Amor e Ramón Suárez Picallo, protagonistas da recopilación epistolar que estamos a ler: Querido Eduardo.

Hoxe traémosvos un breve resumo da vida destas dúas personaxes chave na historia política e cultural de Galicia na época previa e posterior á Guerra Civil. Dunha banda, Ramón Suárez Picallo, político que caeu no exilio, ó igual que Blanco Amor, foi un dos impulsores da campaña do Estatuto Galego de Autonomía, e autor dos primeiros textos de reivindicación LGTB, segundo explica Antón Lopo, quen fixo a escolma das cartas. Eduardo Blanco Amor, pola súa parte, escribiu unha das grandes obras da literatura galega, A Esmorgaque revisamos no ano pasado-, e foi unha das voces do galeguismo no exilio desde o seu traballo coma xornalista.

2016062817322862769

O libro reflicte, a través das súas cartas, os momentos máis importantes do século XX en Galicia: a segunda república, o nacemento das cortes constituíntes, a elección de Suárez Picallo como deputado por unha ampla marte, a aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia, o golpe militar de 1936 e o papel activo das dúas personaxes como creadores das milicias galegas e a fronte de Barcelona.

Esta escolma de 25 cartas, que por certo, podedes atopar no arquivo Blanco Amor da Biblioteca da Deputación de Ourense, foi publicada hai un ano pola editorial Chan da Pólvora, especializada en poesía, e que con este libro inicia a colección Rabo de Euga, coa pretensión de difundir documentos entrópicos do xénero poético. Grazas á labor da editora, e persoalmente, na de Antón Lopo, atopamos un documento que subliña a homosexualidade das dúas figuras ilustres do galeguismo, e por iso recomendámosvos tamén unha revisión ós títulos que publican e máis esta entrevista ó propio Anton Lopo, na que explica o nacemento de Chan da Pólvora.

Por agora isto é todo sobre os “autores” da obra que estamos a revisar e máis sobre a editorial, que moitas veces, coma no caso de Dos Bigotes, é tan protagonista como quen firma a obra, as personaxes ou a trama. Vémonos nestes lares na vindeira semana cunha proposta de eixes de debate de cara ó 15 de novembro. Lembra que tamén estamos no Twitter como @clubqueerunha difundindo información sobre cultura LGTB.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s