Moi boas, queeruñxs! A falla dunha semana para vernos de novo, seguimos nestes lares preparando o noso encontró sobre as cartas de Suárez Picallo a Blanco Amor.

Hoxe queremos traervos a nosa proposta de eixos de lectura, de cara a comentar isto e moito máis no vindeiro 15 de novembro ás 19h na biblioteca do Ágora.

  • Visibilidade: a nosa teima. Contades as ocasións nas que Suárez Picallo explicita a súa orientación sexual?
  • Visibilidade, segunda parte: coñecíades a homosexualidade destas dúas figuras da literatura e a política galegas? Por que pensades que case non se sabe da súa orientación sexual, a pesar de que as súas biografías forman parte do currículo de estudos en Galicia?
  • O exilio político, cando o persoal é político: pensades que no exilio ambos tiveron ocasión de liberar a súa sexualidade?
  • O estigma: que estigma pensades que pesou máis nas súas historias: o da homosexualidade ou o a ideoloxía política?
  • A pluma do que manexa a pluma: na introducción critícase o amaneiramento de Lorca e fálase dos últimos anos de Blanco amor como “un vello marica”. Ata que punto a súa pluma homosexual afectou á súa pluma literaria?

Isto é todo por hoxe, lembra reservar un anaquiño de tempo tras o encontró para tomar as cañas post-lectura 😉

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s