Moi boas, queeruñxs! Onte tivemos o noso encontro sobre Querido Eduardo, a correspondencia de Suárez Picallo con Blanco Amor, e coma sempre, o debate suscitou temas moi interesantes e relecturas que ampliaron o noso disfrute do libro.

Ben é certo que unha parte da crew queeruña agardabamos unhas cartas onde pesara máis a condición sexual destas dúas personaxes chave na historia cultural e política de Galicia, pero coma sinalamos entre as voces que gustaron da obra, recolle relatos da invisibilidade: a invisibilidade da diversidade sexual deles dous e a invisibilidade desta parte do noso pasado histórico,  ese que descoñecemos e que sempre lemos desde a óptica española. A propósito disto, preguntábamos se ese descoñecemento era premeditado por parte da docencia, ou se, coma no noso caso, é porque os relatos que saen á luz sempre son os normativos, e chegar ós outsiders sempre é un exercicio de pescuda.

Querido eduardo 01

Comezamos moi forte coa introducción maxistral de Antón Lopo, que en realidade é onde se sintetiza toda a esencia LGTBI da obra e da relación deles dous. Sinalamos que nos fallaba certo contexto nese sentido, pero tamén concluímos que o libro non quería cumprir esa misión, senón ser máis ben un obxecto documental. Ignorábamos esa lectura galega dos anos previos á Guerra Civil, da cantidade de asasinatos acontecidos só en Galicia, ou mesmo as críticas que os seus coetáneos lle fendían a Castelao, de quen por certo extraemos que igual a mulller era tan brillante coma el, só que a historia, como xa sabemos, acostuma a esquecer ás figuras femininas.

Sobre as cartas, pensamos que eran todas moi semellantes, e que botabamos en falla a réplica de Blanco Amor. As nosas favoritas están contra o final do libro, onde xa se recolle unha visión madura dun Suárez Picallo que ve a súa hora final chegar e que lanza unha mensaxe de amor profundo e tenro a Blanco Amor -“Tendrás la mitad de todo”-. Isto derivou en poner en común a existencia de relatos LGTB vistos desde a madurez, xa que o que levamos lido no curso pasado sempre estaba enfocado nunha óptica de xuventude, salvo o caso da obra de Luisgé, El amor del revés, onde si atopamos unha memoria máis recente desde a madurez, se ben non é o eixo desta novela.

querido eduardo 02

Tras o encontro, xa podedes adivinar que tocou a caña de rigor, na que falamos de visibilidade, Dulceida e folklóricas, entre outras cousiñas máis prosaicas. Quedamos en vernos de novo no 20 de decembro ás 19h, deleitándonos namentres con Ten o seu punto a fresca rosa, de María Xosé Queizán, a quen agardamos ter na Coruña en breves. Seguiremos informando… Nun vindeiro post, falaremos da autora, da importancia da novela e propoñeremos, coma sempre, unhas liñas para reflexionar no encontro. Deica loguiño!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s