Último encontro de 2017 e terceiro do ano buscando o punto ás nosas lecturas mensuais. Desta vez repasamos Ten o seu punto a fresca rosa, de María Xosé Queizán, una novela que a case todxs nos engaiolou, máis con certas opinións confrontadas… Porque se algo hai no Queeruña é variedade, e así as relecturas dos libros fanse aínda máis interesantes!

A maioría coincidimos en que a novela, que maxistralmente se recrea na descripción de personaxes e lugares, perde precisamente certo “punto” de cara á metade da trama, e mesmo seméllanos que a historia acaba resolvéndose dun xeito excesivamente apresurado. Sen ánimo de facer spoiler, incluso discrepamos na idoneidade da personaxe que Queizán escolleu como asasina.

FullSizeRender.jpg

No global, consideramos a obra unha clara manifestación de intencións políticas por parte da autora, quen a través das personalidades que nos vai presentando achega conceptos inicialmente contrapostos, e a propia fraxilidade da liña divisoria entre ambas ideas: rico-pobre, tolemia-cordura, moral-inmoral… Semellounos que foi primeiro a creación das personaxes e logo a propia trama: cada quen representa un valor e unha idea que desmonta -especialmente no caso dos homes e mesmo da masculinización de Petra-.

Gustounos o punto de que as relacións entre lesbianas non estaban vistas desde a dulcificación, e que tamén reflectían as relacións de poder que son nota común en toda a novela. A maiores, encantáronnos as pasaxes nas que narra o sexo entre a parella protagonista. Neste senso, pareceunos sublime a presentación da primeira personaxe, cunha sexualidade vivida… E como a obra vai mudando mesmo de xénero literario cara o de novela negra. Aí o deixamos para non soltar spoiler ningún.

En definitiva, coincidimos en que o libro perde forza nalgunha parte, pero trátase dunha obra que recomendamos en case todos os clubs de lectura pola escolma que fai de cuestións sociopolíticas -riqueza económica e moral, abusos, feminismo, empoderamento, masculinidades…- dunha época e lugares concretos, os anos oitenta en Vigo, pero perfectamente asimilables e discutibles a día de hoxe.

IMG_9746

Doutra banda, no encontro de onte tivemos a sorte de compartir uns minutiños con Martín, unha das cabezas do fanzine cultural trans Fight the Cis-tem, que actualmente está a recoller achegas creativas, coa intención de expresarse artisticamente, para publicar o seu primeiro número de cara a febreiro de 2018.

IMG_9750

Isto é todo ata o 17 de xaneiro ás 19h na biblioteca do Ágora, queeridxs queeruñxs, cando comentaremos El bebé verde, obra ilustrada precisamente sobre temática trans. Bo comezo de ano e boas festas entre libros e activismo LGTBI+!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s