Boas, queeruñxs! Estamos a dúas semanas do noso encontro mensual, que en febreiro centraremos en Elisa e Marcela, a obra histórico-documental destas dúas mulleres bravas que casaron en 1901.

Desta vez queremos achegarvos toda a repercusión que obtivo este libro, publicado en 2010. Primeiramente, en 2011, o espazo de exposicións NORMAL dedicoulle unha mostra á parella, conformada por unha revisión documental e artística na que participou o propio autor, Narciso de Gabriel. Esta mostra e a publicación do libro deron de si numerosas reportaxes en prensa rexional e nacional, ao igual que aconteceu en 1901.

Tiveron que pasar 5 anos para que o Concello coruñés decidira propoñer dedicarlles unha rúa no mapa da cidade, e no pasado Nadal, Elisa e Marcela formaron parte do particular Belén municipal, onde tamén aparecen insignes figuras herculinas. Unha anécdota que sen dúbida axuda á integración da diversidade sexual na Queeruña.

Elisa e Marcela Belen
Marcela e Elisa recoñecidas nun xeito particular no Belén municipal coruñés

Hai uns días tamén buliu unha nova que agardábamos desde que hai uns anos Isabel Coixet anunciara que andaba traballando nun guión sobre a historia da parella. Finalmente, confírmase: haberá película delas, e posteriormente formará parte do catálogo da plataforma audiovisual Netflix. E isto tendo en conta que a aposta será feita por unha das grandes directoras do cine español, absoluta gañadora da última edición dos premios Goya!

E do cine ao teatro, pois ata xuño tedes a oportunidade de deleitarvos coa revisión teatral que fai a compañía A Panadaría en varias localizacións en territorio galego. Moitxs dxs queeruñxs xa temos visto a obra e recomendámola sen lugar a dúbidas! Mesmo pode que vaiamos repetir seguindo a xira desta proposta humorística, tenra e activista.

Vaia, como vedes, a nosa lectura do mes non pode estar máis de actualidade. Como o levades? A estrutura, formada polo relato histórico, o repaso documental pola prensa e as actas xudiciais e a interpretación do acontecido desde prismas de xénero e feministas de seguro que nos dan para unha boa conversa no vindeiro mércorees 21 de febreiro ás 19h. Vémonos no recuncho dos clubs de lectura do Ágora!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s