Como estades levando o comezo de verán, queeruñxs? Xa temos máis horas de sol para disfrutar de lecturas ao aire libre! E tamén das actividades de #AsMunicipaisEntenden, o programa especial das Bibliotecas Municipais da Coruña co gallo do Orgullo LGTB. Neste ano organizaron unha sesión moi especial de contacontos infantís e de literatura infantil LGTB. Xs queeruñxs tivemos a sorte de ser invitadxs tras ter escollido contos para distintas idades na semana pasada.

01

O certo é que quedamos abraiadxs da riqueza da literatura infantil, e agradecimos que as bibliotecarias nos tiveran descuberto as diferenzas entre os libros concebidos para que adultos expliquen a nenxs una situación, moito máis guiados no relato, empregados como algo instrumental –aprenderlle á rapazada algo, como o caso dos libros de Teo- e os que espertan a imaxinación, e non só a de xs máis peques!

A escolma das bibliotecas trataba todo tipo de cuestións relacionadas coa diversidade sexual –estereotipos, identidade, familias homoparentais…- e mesmo databan de épocas distintas, polo que puidemos facer un percorrido pola literatura infantil LGTB concluíndo que aínda estamos a tratar este tipo de cuestión nun primeiro paso ó que de seguro virán outros máis.

02

De feito, salientamos datos como que o primeiro libro no que aparece dun xeito explícito a palabra transexual –Soy Jazz– data do ano 2017. Esta achega, aínda que resulta un fito, trátase dun libro moi dirixido que explica a situación, pero ó que lle falla chegar a empatizar con quen le a obra: explica os problemas que tivo Jazz, como a axudou a súa familia… Pero peca de exceso de descripción fronte á emoción que permita identificarse e empatizar realmente coa situación que se presenta.

Destacamos tamén obras máis antigas. Anos atrás, en 1936, temos unha obra que segue a cautivar á rapazada cun relato que reviste actualidade: Ferdinando el toro. Un libro que tivo que esquivar a censura coa historia dun touro que é diferente ó resto, ó estereotipo: non é fero, é sensible… Unha obra que ademáis está dotada dunhas ilustracións que complementan o texto. Outro clásico moderno é Oliver Button es una nena, publicado no ano 1979, e que a día de hoxe ten temas dos que tirar sobre estereotipos.

03.JPG

Con esta retrospectiva feita, imos presentar todos os contos que saíron nesta sesión tan especial. Dividímolos en os nosos favoritos e, digamos, os nosos menos favoritos, aínda que para gustos… Velaquí os tedes:

Os nosos cinco favoritos da literatura infantil LGTB

  • Monstruo rosa: unha historia tenra, que incita a soñar e que logra o fin último, espertar a empatía. Porque todxs somos monstruos rosas nalgún momento da nosa vida…
  • Por cuatro esquinitas de nada: non cambies ti, que cambie o entorno! Isto dito cunha imaxe aparentemente simple pero cargada de significado.
  • Titiritesa: unha xoia preciosista con alusións ó mundo circense, que fala do tacto e da pulsión.
  • Families, families, families!: catálogos de familias diferentes que espetan a imaxinación da rapazada. Sutilmente, sen xulgar, expresa toda unha amalgama de diversidade a través de familias de animais.
  • Sofía, la vaca que amaba la música: outra historia tenra sobre estereotipos e como encaixar na sociedade buscando un oco no que recoñecerse entre outras diversidades.

Os nosos cinco menos favoritos da literatura infantil LGTB

  • Con Tango son tres: unha historia real que pon en escea á familia homparental e a xestación subrogada, tema que nos xerou algo de inquedanza pola superficialidade coa que podía presentar o tema a xente nova.
  • Esperando a Pingüi: unha nova achega á xestación subrogada dun xeito un tanto superficial. Agradecemos que existan contos que poñan a cuestión na vista dxs nenxs, pero talvez dun xeito máis traballado.
  • Héctor, el hombre extraordinariamente fuerte: un forzudo que ten un segredo… calcetar. Non nos convence o punto de partida do autor de amosar esa ruptura do estereotipo coma un segredo que debe agochar, se ben as ilustracións e a mensaxe final calou fondo en nós.
  • Rey y rey: historia clásica de procura do amor dun rei… pero con outro rei. Entendemos que replica a historia do “casting amoroso” dos contos tradicionais e que, neste senso, non resulta tan rompedor.
  • Ahora me llamo Luisa: historia tenra, cunha ilustración moderna e actual… pero que segue a ser o mesmo relato que se podía contar hai dez anos atrás, mesmo sendo unha obra de 2016.

04

Lembra que as Bibliotecas Municipais da Coruña editaron o ano pasado este catálogo dentro da campaña permanente sobre diversidade sexual nas bibliotecas #AsMunicipaisEntenden. Nel poderás atopar estas e outras recomendacións de literatura e cultura LGTB para todas as idades e gustos.

Pola nosa parte, xs queeruñxs estamos a ler 22 segundos, obra de literatura xuvenil escrita por Eva Mejuto. A autora estivo presentando o libro na biblioteca do Ágora o xoves 21 de xuño, e nós comentaremos este texto o vindeiro venres 20 de xullo, cando, posteriormente, teñamos unha cea de confraternización queeruña. Non faltes!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s