Último debate do curso, queeruñxs! Desta vez comentamos a derradeira lectura que teremos ata o comezo da nova tempada do club de lectura LGTB Queeruña no 19 de outubro, data na que retomaremos os nosos encontros e de bonus track… a cea de rigor! Por suposto, seguiremos informando nestes lares sobre novidades ao respecto, pero por agora gardade a data!

Comecemos polo primeiro. Dimos a benvida a Alberto, novo integrante do club que tamén forma parte do club semanal dos mércores. Tras convidalo ó seguinte curso 2018/2019, do que daremos información da apertura da inscripción, puxémonos a comentar a novela xuvenil 22 segundos, obra de Eva Mejuto.

 

4ecf6aa0-cca8-4dd6-9287-44625e39f296

Cun aprobado e aplauso xeral, coincidimos en que o libro presenta dun xeito axeitado, empático e efectivo a realidade transexual a persoas adolescentes. Vese un traballo en profundizar nos sentimentos e no proceso de recoñecemento da identidade, algo que valoramos xa que a autora non forma parte do colectivo trans.

Agradecimos que o discurso non fora o chirriante lema “nacer nun corpo equivocado”, e que a argumentación estivera menos centrada na corporalidade. Destacamos a clara intencionalidade didáctica da novela, na que se menciona o exemplarizante documental El sexo sentido, e tendo en conta este obxectivo, criticamos que soamente amosase unha visión hexemónica da masculinidade, se ben puido ter deixado un espectro máis amplo na segunda parte que nos aventuraba nesta entrevista a propia autora. Talvez botamos en falla un glosario ou mesmo un listado de canles de YouTube consultadas.

IMG_1900

Falando de redes sociais, subliñamos o positivo de que agora a xuventude teña á súa disposición toda a información que desexe a través de internet, e mesmo testemuños de persoas que están a vivir a súa transición e que a comparten a través de YouTube. Preguntámonos, dentro desta vagada de optimismo que desprende a obra, se este punto de vista tan dulcificado tería sido o mesmo se tratáramos do caso dunha rapaza trans, con todas as violencias que se suman ó feito de ser lida socialmente como muller.

Doutra banda, o encontro deu de si para falar da despatoloxización da transexualidade por parte da OMS (obtiva hai un mes) e da campaña Hay niñas con pene y niños con vulva, promovida por Chrysallis Euskal Herria. Desde logo, hai camiño avanzado, e desta vez tivemos un encontro para valorar unha historia en positivo!

Chrysallis-esp-698x1024

E así chegamos ao peche de curso do club de lectura LGTB Queeruña! Lembrade que informaremos de cando se abra o prazo para inscribirvos no vindeiro, e que xa programamos que a primeira sesión para comentar libro e facer a cea será o venres 19 de outubro. Seguide achegándovos a esta fiestra para coñecer as lecturas e máis detalles. Bo verán!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s