As sesións ordinarias do club de lectura LGTB son presenciais e mensuais. En tempos de confinamento, decidimos intensificar as citas e, obviamente, levalas ao entorno virtual.

  • Para participar nos directos en IG: só necesitas seguir a conta en Instagram do club QUEERuña e conectarte o día e hora indicados. Poderás lanzar preguntas nese momento, ou os días previos a través dos stories. Permanece atentx!.
  • Para participar nas sesións en zoom: escríbenos (aquí nos comentarios ou a través de twitter ou IG) e facilitarémosche as credencias para a túa conexión.

Que temos previsto para os próximos días?

  • Martes, 31 de marzo: Directo en IG con Gabriel J. Martín e Pablo Otero, integrante do club, ás 20.30h.

Psicólogo, escritor e activista gay, naciu en Cádiz e actualmente vive en Barcelona. Tivo titulares na prensa española como “La barba me dio la razón: aunque mi criaran como a una niña, yo era un niño“. Coñecedor da cara máis rancia do bullying, descubriu o seu vivir nun libro de López Ibor nun epígrafe adicado a “malformacións”. Gabriel é licenciado en Psicoloxía, representante do Consell Español de Psicología en la oficina LGTB da Asociación Americana de Psicoloxía (APA) e, entre outras cousas, coordinador do grupo de traballo de Psicoloxía Afirmativa LGTB do Col-legi Oficial de Psicologia de Catalunya. Un percorrido persoal e unha traxectoria académica e profesional que o dotan dunha voz experta que plasma nos seus libros Quiérete mucho, maricón (2016), El ciclo del amor marica (2017), Sobrevivir al ambiente (2018) e Gay Sex (que se publicará en maio do 2020).

Alison Bechdel e Fun home son unha das lecturas recuperadas de anos anteriores para as sesións all stars (sorry, Rupaul!). Temos falado largo e tendido sobre a autora e sobre o test que leva o seu nome, e tamén das viñetas desta xoia literaria que nos encanta. Como curiosidade engadida direivos que no cómic vemos como Alison recurre ás bibliotecas públicas para comprenderse, atoparse, definirse… e que posteriormente, no ano 2008, este mesmo cómic foi retirado durante meses dunha biblioteca pública de Marshall a petición dunha cidadá que o denunciou de “pornográfico”. Esta señora alegaba que era perigoso que as bibliotecas albergasen obras así, con eses contidos, porque poderían “seducir” á poboación xoven porque “parecen cómics”. Tiveron que pasar varios meses ata que a biblioteca en cuestión aprobou a súa Política da Colección (con apartados específicos para a adquisición de materiais) para que o cómic volvese aos seus estantes, xa que no documento recollíase de xeito explícito que a biblioteca mercaría “obras relevantes para a crítica e/ou de interese social”. Aí é nada.

  • Sábado, 4 de abril: Sesión QUEERmú con Éric Dopazo. Será ás 12.30h.

eric

Neste directo Éric (@piratasenparche en IG) fará confluir os libros, a música, o transfeminismo e o vermú.  Pódese pedir máis?

  • Martes, 7 de abril: Directo en IG con Óscar Espirita e Martín, ás 20.30h.

directoniño

Óscar Espirita colabora na antoloxía de relatos queer Asalto a Oz, onde firma “El lomo de un dragón”, que é, quizás, dos máis delicados do libro, escrito en clave poética e íntima e que arranca así: “El día que me muera me meterán en una caja marrón como a un hetero más. He pedido que me incineren para que todo el mundo vea cómo las llamas se vuelven violetas. Espero que me lleven claveles. Me gustan los claveles porque son las rosas de los pobres. A mí nunca me faltó el dinero, pero me siento cercano a su escasez”. Óscar é tamén autor do conto Si el rosa es de las niñas el azul es del mar (clasificado para infantil pero válido para todos os públicos) e dos poemarios Niño marica e Animalitos.

  • Mércores, 8 de abril: Sesión en zoom, en torno ao relato aberto de Marta Sanz, Sherezade en el búnker (descarga gratuíta regalo da autora). Será ás 18h. Participará a autora, que nos envía este vídeo:
  • Sábado, 11 de abril, nova sesión #QUEERmú con Éric Dopazo. Nesta ocasión, estará acompañado de dúas autoras galegas con obras que limos no club: María Reimóndez (Fóra do normal, editado Xerais) e Eva Mejuto (22 segundos, tamén en Xerais). Ambos libros, con personaxe protagonista trans.

sesion

 

Iremos actualizando progresivamente coas distintas accións que vaiamos programando, como un directo en IG con representantes da Rede educativa galega de apoio LGTBIQ.

Permanecede atentxs!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s