Habitualmente lemos textos literarios, fundamentalmente en formato físico, que nos proporcionan debates e sesións máis ou menos animosas.

Aproveitando que o 29 de abril se celebrou o simposio virtual “COVID-19 & Queer Asylum” no que participaron representantes de ONGs, persoal da xustiza que traballa o asilo queer e activistas e persoas LGTBQI+ que buscan asilo en Alemaña, decidimos lanzarnos á lectura do audiovisual combinada coa da actualidade e de como a crise do COVID-19 afecta ás persoas refuxiadas e moi especialmente ás refuxidas LGTBQI+.

Organizamos esta “lectura”, guiada e proposta polo compañeiro Martín, para poñer o foco no cruce entre os dereitos afectivos sexuais, a migración e as fronteiras.

  • O documental “Huir para amar y ser: asilo y resistencias LGBTI de Marruecos a Barcelona”, de Victor Yustres, Sònia Calvó e Victòria Oliveres, que realizaron coa colaboración da Comisión Catalana de Ayuda al Refugiado-CEAR e o Servicio Civil Internacional.
  • A curtametraxe “No place like home”, de David Velduque, que narra a historia de Niko, que despois de vivir libremente a súa sexualidade en Madrid, vese forzado a volver ao seu país da Europa do Este para coidar da súa nai enferma. Sin embargo, non tardará en darse conta de que o motivo real do seu regreso era outro. “No place like home” é unha viaxe devastadora que bota luz sobre a discriminación sufrida polo colectivo LGTB en moitas partes do mundo.

No place like home | A short film by David Velduque from David Velduque on Vimeo.

  • A curta “Guillermo en el tejado”, de Miguel Lafuente. Narra como un xoven cineasta homosexual, Guillermo, descubre a superficialidade dos seus problemas cando coñece a realidade Samir, un refuxiado sirio.
  • a peza de teatro documental “Elegy“, que moi xentilmente nos facilitou Andrés Requejo. A peza recibiu premios coma o Godoff a Mellor Intérprete Home de 2015 (a Andrés Requejo); e o premio Royal National Theatre Foundation Playwright Award a Mellor Texto.

É unha obra de teatro inspirada nas entrevistas con persoas refuxiadas iraquíes en Siria do fotoxornalista Bradley Secker. Ao principio parece ser a historia dun amor imposible dun home co seu mellor amigo, pero pouco a pouco revélasenos coma algo máis: unha poética carta de amor ás vítimas dos asasinatos homófobos que suceden no Irak liberado.

elegy dossiermano2

  • O compañeiro Martín fará un directo en IG con Martín Iglesias, que dende Dresden está a traballar con persoas refuxiadas en distintos proxectos sociais e educativos. Será o mércores 6 de maio, ás 20.30h, no Instagram do club.

refuxiades

E ata aquí o monográfico especial. Que vos parece? Apuntádesvos?

Despois, xa na semana das Letras Galegas, e como dixemos nunha entrada anterior, temos unha cita con María Reimóndez e A esencia da cidade. Se queres participar nesta sesión en zoom, escríbenos nos comentarios ou envíanos un mail a bibliotecas@coruna.es.

Queremos pechar esta entrada co tema musical co que remata a función de Elegy, que nos encanta. A vós?

 

One thought on “Monográfico especial: refuxiades LGTB

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s