En catro anos de andaina do primeiro (e polo momento único) club de lectura LGTB en Galicia, tivemos múltiples oportunidades de atoparnos coas nosas letras e coas creadoras galegas que falan de nós e para nós; que nos interpretan e representan nos diversos espazos literarios.
As letras galegas o 17 de maio teñen unha celebración dobre porque hoxe conmemórase tamén o Día Internacional contra a LGTBIfobia. Cómpre entón destacar o papel que as nosas letras e creadoras teñen na erradicación das violencias e na normalización e visiblización do colectivo LGTB.
Recomendamos aquí algunha das obras en galego que levamos lido no club (podes ver a relación completa na pestana Que limos?):
- Diáspora do amor balea, de Andrea Nunes e María Rosendo; (dispoñible no catálogo da Rede de bibliotecas);
- Poñente, de Pere Tobaruela (dispoñible no catálogo da Rede de bibliotecas);
- 22 segundos, de Eva Mejuto (dispoñible no catálogo da Rede de bibliotecas e en Galicia Le);
- Fóra do normal, de María Reimóndez; (dispoñible en GaliciaLe e no catálogo da Rede de bibliotecas)
- A cabeza de Medusa, de Marilar Aleixandre (dispoñible nas bibliotecas e no catálogo de GaliciaLe).
Tamén dentro da iniciativa #DesconfinarALingua da Rede de bibliotecas municipais da Coruña para as Letras Galegas 2020, as integrantes do club de lectura quixemos cubrirnos a cara con máscaras de creación en galego para destacar o papel universal e transversal da nosa lingua, eliminando barreiras abrindo a xanela grande de todo o que ofrece o idioma.
- Atuado na braña, de Xavier Quiroga (dispoñible no catálogo das bibliotecas e en GaliciaLe);
- Número e, X premio de poesía Espiral Maior, de Estíbaliz Espinosa, (dispoñible no catálogo das bibliotecas);
- Cousas, de Castelao (dispoñible no catálogo das bibliotecas e en GaliciaLe);
- Cousas de mortos, de Manel Cráneo; (dispoñible no catálogo das bibliotecas);
- Crac, de Gonzalo Hermo (dispoñible no catálogo das bibliotecas);
- Na república da intimidade, de Ricardo Seixo;
- O que arde, de Óliver Laxe (dispoñible no catálogo das bibliotecas);
- Canibalismo, de Marcos Abalde Covelo (dispoñible no catálogo das bibliotecas);
- Fulgor, de Budiño (dispoñible nas bibliotecas),
- Todo isto antes era noite, de Lucía Aldao (dispoñible nas bibliotecas).
- Querido Eduardo: cartas de Suárez Picallo a Blanco Amor (dispoñible nas bibliotecas)
- Machismos, de micro nada (dispoñible no catálogo das bibliotecas)
Que recomendacións nos fas ti para #DesconfinarALingua?