Cando estamos a piques de lanzar xa a publicidade do inicio de inscrición para a tempada post-pandémica do club de lectura LGTB, o festival Corufest2020 agasállanos cun obradoiro de escrita con Roy Galán para as persoas que participamos no club na tempada anterior.

Se ti non formabas parte que non cunda o pánico: Roy Galán estará tamén nun acto aberto ao público na Biblioteca Ágora o día 8 de outubro. Será entrevistado polo compañeiro Pablo Otero e haberá tamén rolda de preguntas abertas. A inscrición é obrigatoria, e dará comezo a partir do día 1 de outubro na web das bibliotecas.

Se non o fixeches xa, podes achegarte aos libros do autor de orixe galega no catálogo da Rede de bibliotecas.

Ao día seguinte, o venres 9 ás 19h, haberá, tamén na Biblioteca Ágora, unha edición especial de Libros vivintes con Patrick Dopico. Este encontro cun libro de carne e óso require tamén inscrición, que se habilitará o mesmo día 1, tamén na web das bibliotecas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s