Dende as bibliotecas municipais da Coruña compartimos con vós as novas incorporacións ao catálogo de temática LGTB, para o público infantil e xuvenil.
Atoparedes algún conto para as crianzas da casa e algún que outro cómic e narrativa xuvenil, xa para os máis maiores.

Se che interesa algún, non dubides en clicar máis abaixo enriba do título de cada un deles para ver se está dispoñible e así levalo en préstamo, ademais de poder consultar a súa sinopse, signatura e a biblioteca onde se atopa.
- Familiarium = Familiario = Familiari = Familiartean = O familiario, Mar Cerdá. Un libro interactivo para os pequenos e pequenas da casa sobre diversidade familiar e onde poderán intercambiar e crear familias como máis lles gusten.
- Érase una vez dos princesas, Katie O´Neill. Cómic para nenos e nenas de 9 a 11 anos onde acompañarán ás protagonistas nunha volta de torca aos contos de fadas clásicos que derruba un a un os clichés do xénero.
- Soy, Florencia del Campo. Libro para nenos e nenas de 12 a 14 anos que narra o paso á vida adulta e o descubrimento da propia identidade.
- Heartstopper 1. Dos chicos juntos, Alice Oseman. Cómic xuvenil que narra a historia de amor entre dous mozos, un deles declarado homosexual e o outro en vías de autodescubrimento.
- Heartstopper 2. Mi persona favorita, Alice Oseman.
- Los manuscritos rojos de la magia, Cassandra Clare y Wesley Chu. Para os fans de Cassandra Clare, este é o primeiro libro xuvenil dunha nova serie da autora.
- La versión de Eric, Nando López. Novela xuvenil de intriga e misterio gañadora do Premio Gran Angular 2020, na que o protagonista se verá envolto na confesión dun crime.
- Tocar el cielo, Haizea M. Zubieta. Unha historia de fantasía xuvenil urbana repleta de acción, vampiros que trata a diversidade sexual das personaxes.
- Rojo, blanco y sangre azul, Case McQuiston. Narra unha historia que mistura o romance e a política e onde os protagonistas forman parte da familia real.