O 8M é o Día da Muller: o día de todas e dende calquera perspectiva sexual. Pero isto non sempre se tivo en conta ao falar doutras realidades sexuais.
No mundo da diversidade sexual, tradicionalmente o termo homosexual empregábase para referirse a homes gais mentres que para falar das mulleres, o termo era lésbiana. A razón: considerar homo(sexual) como relativo ao home e non como o que é, prefixo que indica igualdade (como en homoxéneo). Co cambio de século impúxose o acrónimo LGTB e o mundo aparece de xeito prominente e explícito.
Dende as Bibliotecas Municipais de Coruña queremos rescatar algúnhas das autoras e obras menos populares pero destacables como son:

  • Autobiografía de Alice B. Toklas/ Gertrude Stein
    Gertrude Stein conta a historia da súa vida e a de Alice Toklas en París entre 1903-1933 e como desfilaron pola súa casa as principais figuras culturais de principios do S. XX. Moitas anécdotas e situacións narradas co seu peculiar sentido do humor e baixo a voz de Alice, a súa secretaria e parella sentimental.
  • A Virginia le gustaba Vita/ Pilar Bellver
    A medio camiño entre a realidade e a ficción, reconstrúese a relación entre Virginia Woolf e Vita Sackville-West: unha relación que nos permite coñecer a ambas escritoras, situándonos no período de entreguerras e dentro do entorno do Grupo de Bloomsbury.
  • Poesía/ Gabriela Mistral
    Premio Nobel en 1945, as obras desta profesora de escola rural son moitas e as podes atopar nas Bibliotecas Municipais de Coruña. Ainda que é difícil seleccionar unha obra ou un poema dela, por iso propoñemos este acceso ao Instituto Cervantes para coñecer e poder ler máis sobre esta muller.
  • ¿Eres mi madre?/ Alison Bechdel
    Neste cómic, Bechdel fálanos da súa relación coa súa nai, unha muller especial: gran lectora, melóman, apaixonada actriz amateur pero unha muller infeliz… Cun estilo conmovedor, Bechdel busca respostas á súa infancia nesta viaxe a través de a súa vida. Con este cómic, regresa á saga familiar que comezou en Fun Home.
  • Carol/ Patricia Highsmith
    A raíña do xénero negro, cambia de tercio nesta obra e métese na súa única novela de temática amorosa. Publicado en 1952 baixo o pseudónimo de Claire Morgany e baixo o título de El precio de la sal, obtivo un gran éxito de público, sendo unha puesta audaz para o seu momento pola temática tratada. Recomendamos tanto a película como o libro.
  • Carmen y Lola. Película premiada con 2 Goya e 8 candidaturas en 2019, cóntanos a historia de amor entre dous xitanas: un tema tabú nun grupo tan tradicional. Un film eminentemente feminina (protagonistas, directores, produtora, etc.) tamén foi seleccionada no Festival de Cannes na Quincena de los Realizadores.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s