Como cada ano os clubs de lectura volven ás bibliotecas, unha das actividades que sen dúbida máis aceptación ten entre os nosos usuarios

Axiña terán lugar os primeiros encontros do ano. O 26 de outubro arrinca QUEERuña, o primeiro club LGTB de Galicia, creado no 2016.

As inscricións estarán abertas dende o 16 de setembro, anótadevos  xa!! Participade na vindeira edición de QUEERuña e desfrutade de lecturas e debates. Compartiredes experiencias, opinións e sobre todo diversión a través dun bo libro.

Neste curso leremos a autores como Carlos Callón, Cris Pavón, Iria MisaJuan Naranjo, Nee Barros, Emma Pedreira entre outras e outros. Botádelle un ollo ó lido en tempadas anteriores. Deixámosvos as guías dispoñibles no catálogo das Bibliotecas Municipais por se desexades facervos con elas e comezar a desfrutar.

Podedes coñecer  un pouco máis sobre Queeruña no instagram e no twiter, non perdades detalle das actividades e  encontros que difunden os participantes.

Os encontros serán na Biblioteca Municipal de Estudos Locais  o terceiro Martes de cada mes  ás 19 horas.

Inscribídevos e non quededes sen praza. Agardámosvos!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s