Eli Rios, escritora galega coñecida sobre todo pola súa faceta de poeta, incursiona na ficción científica coa novela DX, que a pesar de ser encadrada no xénero xuvenil é apta para todos os públicos.

Ambientada na Coruña, a meirande parte da trama desenvólvese ós pés do Campus de Elviña, na Facultade de Arquitectura, como se ve no encadre da fotografía da cuberta. Na noitevella de 2029, Morgan e Andre, que traballan en DX, empresa punteira en biotecnoloxía e investigación, entablan unha relación xusto antes de que os acontecementos se torzan e a cobiza queira dominar o mundo.

A historia empeza con moita sensualidade e erotismo, presentes ó longo da mesma na que se vai  vendo a evolución da relación de amor dos personaxes. Os protagonistas vense obrigados a extraer do seu interior o instinto de supervivencia polo devir dos acontecementos. De que maneira sobreviven ás situacións complicadas dese mundo capitalista e consumista que o destrúe todo? Non imos dar moitas pistas para que o vaiades descubrindo por vós mesmos  en DX!

Dx semella de ciencia ficción pero segundo afondamos  nela dámonos conta  que o que  priman son as emocións e os sentimentos cun trasfondo de ficción científica que leva á reflexión: como un sistema capitalista mesturado coas ansias de poder e avaricia pode destruir o mundo. Unha historia distópica, hoxe por hoxe moi presente na nosa narrativa que nos lembra a obra de Iolanda Zuñiga “Natura” que nun mesmo discurso integra a faciana política, de xénero co seu quión de ecoloxista e tecnoloxica tamén.

É a primeira novela galega escrita sen tratamento de xénero nos protagonistas, non se atopa ningunha referencia a este nin tampouco das preferencias sexuais, mais aló de que son alosexuais. Sen marcas de xénero desaparecen os roles. Son  só dúas persoas axudándose e desenvolvendo empatía mútua nunha historia de supervivencia

A linguaxe directa, o dinamismo dos diálogos, a brevidade dos capítulos danlle á lectura un ritmo áxil pero intenso que, xunto a incógnita envolveranvos de cheo na historia e conduciranvos ás sorpresas finais. Un desenlace inagardado,  que está suxerido, igual que a construcción das personaxes, para que cada un o poida pintar como máis lle guste

Activamos o noso Grindr Bibliotecario para ver se hai semellanzas e propoñémosvos unha pequena mostra de obras preto de DX. 

Atoparédelas no Catalogo da Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña se queres confirmar o teu match, preme sobre o título e verás a súa sinopse, ubicación e dispoñibilidade

Boa lectura!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s