No mes das flores arrincamos a nosa andaina festivaleira na cidade. Comezamos co Corufest, adicado este ano á memoria de Samuel Luiz, e pechamos o verán cunha colaboración especial co Atlantic Pride.
Imos ao lío:
- 19 de maio (xoves) encontro con Roy Galán: o autor visita novamente as bibliotecas e o Corufest para atoparse coas súas lectoras e lectores,
- 20 de maio (venres): mesa redonda arredor do libro e a lectura LGTB, no que participan a Editorial Dos Bigotes, a escritora Miriam Beizana e Yoel, integrante do club de lectura.
- 27 de maio (venres): presentación de Lodo, de Julen Azcona. O acto será conducido por Juan Garcés, que participa no primeiro grupo do club de lectura.
- 28 de maio (sábado): encontro con Luis Maura, autor de Niño santo. Miguel Suárez conducirá este encontro despois de que os grupos de lectura tiveran a oportunidade de ler Niño santo, que o festival Corufest donou á Rede de bibliotecas.
Xa en xullo, amigas, arrinca o Atlantic Pride, que este ano presenta como novidade o I Certame de literatura LGTB do que formamos parte. O prazo de presentación de obras remata no mes de maio así que sacade as vosas plumas e… a escribir!