Como cada 28 de xuño celébrase o Día Internacional do Orgullo, unha loita por defender a diversidade e o respeto a todas as personas LGTB.
Celébrase o 28 de xuño dende 1970, data que marca o inicio do movemento internacional polos dereitos LGTB, para conmemorar o día en que tiveron lugar os disturbios de Stonewall no ano 1969: unha serie de manifestacións que se producen na redada policial contra as persoas LGTB que se atopaban no pub coñecido como Stonewall Inn (Nueva York)
Dende as Bibliotecas Municipais sumámonos a esta celebración, con mostras que poderás atopar nas Bibliotecas da Rede, a nova versión da guía de lectura “As Municipais Entenden” para poder disfrutar da lectura coas súas innumerables propostas dirixidas tanto a nenos como adultos.
Poñemos as nosas voces nun especial temático do “Lemos para ti” neste Dia do Orgullo 2022, cunha selección de obras LGTB de distintos xéneros. Agardamos que goces escoitándonos.

“Illa Decepción” de Berta Dávila..
A protagonista desta novela expándese en dúas direccións aparentemente opostas: a do vencello cotián co seu fillo durante o confinamento e a do resto daquela nena que aínda perdura na súa imaxinación. Así, movida por un soño, máis de vinte anos despois de abandonalo, decide presentarse no apartamento onde viviu coa súa familia durante a nenez e a adolescencia

“Cine Crush” de Popy Blasco
Neste ensaio revísanse algúns dos mitos eróticos que fixeron que algunhas persoas descubrisen a súa orientación sexual a través dun feixe de películas comerciais que, no recordo, preséntanse como involuntariamente homoeróticas. O libro percorre centos de títulos protagonizados por ídolos rebosantes de erotismo filogay, invisible ao ollo heteronormativo; actores e personaxes xa lendarios que, mentres nuns despertaban admiración, no colectivo LGTBIQ+ despertaban desexo.
Ir a descargar Ir a descargar
“Memoria diversa” de Eva Mejuto
Esta obra é unha proposta nada para visibilizar ás persoas que loitaron pola dignificación do colectivo LGTB+ en Galicia e ás vítimas da represión e o rexeitamento por cuestións de orientación ou identidade de xénero.
Ir a descargar
” A defunción dos sexos” de Daniela Ferrández Pérez
A través de fontes de arquivo, xornalísticas e entrevistas reflexiónase sobre algún dos itinerarios que tiveron que percorrer persoas que viviron alén da norma sexual na Galiza dos últimos cento cincuenta anos e o seu enfrontamento co xugo dunha sexualidade obrigatoria que as condenaba ás marxes e ao ostracismo. Aquí escoitamos unha reflexión sobre a situación concreta do lesbianismo
Ir a descargar
“Veintitantos problemas” de Álvaro Domínguez.
Relátasenos a relación entre tres homes novos que, tras os anos de universidade en Santiago de Compostela que os uniron, tentan enfrontar a idade adulta que lles ven enriba, cada un deles ao seu xeito.
Ir a descargar
“Solo los valientes” de Alejandro Albán
A novela relata o proceso de transición de Alejandro, ao longo dos anos, ata que a súa partida de nacemento, por fin, o recoñece por ese nome.
Ir a descargarDespedimosnos coa poesía “A Jenny” de Gloria Fuertes traducida o galego por Jesús Castro Yañez na escolma “Campo de Plumas”

Desexámosvos un Feliz Orgullo 2022