Entreliñas, pódcast sobre “lecturas orgullosas”

Vimos de participar no pódcast “Entreliñas“, conducido por Eva Mejuto (22 segundos ou Memoria diversa) e Teresa Cuíñas. Nel participan tamén persoas que seguimos moi de preto no seo deste club: Ismael Ramos, Nee Barros, Lucía Aldao ou Daniela Ferrández.

Dádelle ao play e descubride algo novo sobre nós!

Pícnic de peche de curso

O próximo mércores 27 de xullo despedimos o curso nun pícnic ao que estades todxs convidadxs.

En que consistirá? ⁣
🥝 Xs asistentes levaremos picoteo e bebida 🍻 para compartir⁣
📚Desvelaremos a nosa lectura favorita da tempada⁣
💅Risas & comadreo aínda que o tempo non acompañe ⁣
.⁣
.⁣
Anímaste? Trae as túas ganas de #culturaLGTB e unhas 🍻!⁣

Estamos xa preparando a programación da próxima edición 2022/2023. En setembro máis info!

De festival en festival

No mes das flores arrincamos a nosa andaina festivaleira na cidade. Comezamos co Corufest, adicado este ano á memoria de Samuel Luiz, e pechamos o verán cunha colaboración especial co Atlantic Pride.

Imos ao lío:

Xa en xullo, amigas, arrinca o Atlantic Pride, que este ano presenta como novidade o I Certame de literatura LGTB do que formamos parte. O prazo de presentación de obras remata no mes de maio así que sacade as vosas plumas e… a escribir!

Encontro con Jesús Castro Yáñez no marco do festival Primaletras

O noso primeiro contacto con Jesús foi aló no mes de agosto de 2021

Xa no Nadal comezamos a lectura de “Campo de plumas” e dimos cumprida conta no Instagram e neste blog cunha entrada adicada a esta escolma de Jesús Castro Yáñez e outros libros similares.

Agora estamos a 24 horas do encontro organizado con Jesús Castro Yáñez, que visitará por vez primeira os dous grupos de lectura LGTB das Bibliotecas Municipais. O encontro será conducido por Alejandro Castro, unha das persoas que integran o club.

O acto é de balde e aberto ao público ata completar a capacidade, e está incluído na programación do Festival Primaletras.

ACTUALIZACIÓN 28/03: accede á grabación do encontro

Entrevista con Valeria Vegas

O festival #Corufest sempre nos trae regaliños que son de agradecer. O ano pasado foron tres encontros con Roy Galán (un en exclusiva para nós) e este 2021 foron outros tantos con Valeria Vegas.

Non quixemos deixar pasar a oportunidade de quedar con ela a solas e para facerlle algunhas preguntiñas.

Para a grabación deste vídeo contamos con Lázaro Louzao (director do filme “Nove de novembro“) e para as entrevistas coa compañeira Violeta, da Biblioteca Ágora, e coa escritora coruñesa Miriam Beizana Vigo, que conduciu un dos encontros.

Os libros publicados por Vegas están dispoñibles para o préstamo nas bibliotecas:

Galería de imaxes dos encontros:

Malaherba, de Manuel Jabois, en Grindr

Se abrimos o Grindr bibliotecario con Malaherba nas mans, que outros libros estarían cerquiña?

No catálogo da Rede de bibliotecas municipais da Coruña hai máis materiais que falan do primeiro amor LGTB ou do acoso LGTBfóbico. Velaquí unha pequena mostra:

Se queres quedar con algún deles, clica aquí abaixo e verás a súa sinopse, ubicación e dispoñibilidade 😉

Eixes de debate para Malaherba, de Manuel Jabois

Volvemos ás andadas virtuais. A nosa segunda quedada desta tempada terá que ser onláin e os eixes de debate para MALAHERBA, que xa publicamos en IG, serán estes:

  • Descubrindo a sexualidade: sentídesvos identificadxs en algunha parte do relato? que vos parece a narración da descuberta da sexualidade das personaxes principais? Que compartides? Que non?
  • Acoso LGTBfóbico: é o mesmo acoso que había nos 80 ou 90? como podemos combatilo a día de hoxe? Que papel poden xogar formas culturais coma os videoxogos na evasión fronte ao acoso? (ai, bendita Chun-Li!)
  • Saída do armario e familia: que rol lle atribuídes a Rebe, irmá do protagonista? É unha confidente? É un papel realista? E que opinades da figura do pai?

O debate promete.

Non vos perdades a partir do mércores a estrea mundial dunha nova tipoloxía de entradas neste blog. Irán dentro da recén creada categoría “Grindr bibliotecario” e nelas descubriremos títulos próximos ás nosas lecturas mensuais que poderás atopar no catálogo da Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña. A non perder! ❤