A cultura LGTB nos directos de IG: Gabriel J. Martín

O club de lectura LGTB QUEERuña, posto en marcha na Rede de bibliotecas municipais da Coruña no ano 2016, lánzase ás sesións virtuais e aos directos de IG para non perder ritmo.

Nestes momentos en que o confinamento non nos permite facer os encontros presenciais ou ir á biblioteca bucear entre os materiais LGTB dispoñibles, as participantes tiramos de directo de Instagram para entrevistar/charlar con persoas chave na bibliografía básica da cultura LGTB.

Comezamos este martes, 31 de marzo, Gabriel J. Martín, que charlará co compañeiro Pablo Otero. Conéctate ao Instagram do Club QUEERuña e non perdas detalle.

gabriel

Psicólogo, escritor e activista gay, naciu en Cádiz e actualmente vive en Barcelona. Tivo titulares na prensa española como “La barba me dio la razón: aunque mi criaran como a una niña, yo era un niño“. Coñecedor da cara máis rancia do bullying, descubriu o seu vivir nun libro de López Ibor nun epígrafe adicado a “malformacións”. Literal.

Mi vida se resumía en tres palabras: nunca, nadie, nada.

Gabriel é licenciado en Psicoloxía, representante do Consell Español de Psicología en la oficina LGTB da Asociación Americana de Psicoloxía (APA) e, entre outras cousas, coordinador do grupo de traballo de Psicoloxía Afirmativa LGTB do Col-legi Oficial de Psicologia de Catalunya.

Un percorrido persoal e unha traxectoria académica e profesional que o dotan dunha voz experta que plasma nos seus libros:

 

 

QUEERzoom: cando o club de lectura LGTB se volviu virtual

A última sesión do club QUEERuña desenvolveuse, por pura adaptación ao medio, de xeito virtual.

Despois dos problemas técnicos de rigor (que se un conecta, que se outra está sin audio, etc) a horiña de sesión transcurriu e transcurriu ben.

A pesar de que o previsto era falar sobre “Fun home: una familia tragicómica” (esta era unha das sesións All Stars, nas que recuperamos lecturas anteriores para darlles outra volta) acabamos falando integramente de Testo yonqui, híbrido entre o ensaio filosófico e a narración autobiográfica de Paul B. Preciado e do que falamos, por capítulos, en todas as sesións desta edición.

Testo yonqui é o relato da automedicación do autor, un experimento persoal co seu propio corpo, ao que lle aplica testosterona en xel. O libro é, ao fin, unha exploración persoal e, tamén, política.

Paul B. Preciado: "El sujeto del feminismo es el proyecto de ...
Imaxe tomada de eldiario.es

Algunos toman hormonas siguiendo un protocolo de cambio de sexo, otros trafican y se administran hormonas sin esperar un cambio de sexo legal  y sin pasar por un protocolo psiquiátrico, sin identificarse como “disfóricos de género”, gender hackers. Yo pertenezco a este grupo de usuarios de la testosterona. Somos usuarios copyleft: es decir, consideramos las hormonas sexuales como biocódigos libres y abiertos cuyo uso no debe estar regulado ni por el Estado ni confiscado por las compañías farmacéuticas.

Fala de identidade sexual fluída e non estanca, de sexualidade e capitalismo, de pornografía, feminismo e da industria do sexo. Pero tamén de desexos e encontros sexuais, de hormonas, dildos e de activismo queer. Mais os termos estrela que nos sacuden son o de tecnosexualidade e farmacopornografía. Toma pepinillo!

Detrás de cada machito social se esconde un cuerpo cibernético que desea ser penetrado como una furcia, violado y humillado por una rubia fascista, por una amazona de cabeza rapada y dildo de veinte centímetros o por la metralleta de una joven saudí que exhibe su cuerpo y oculta su rostro bajo un velo. Esa es la verdad de la economía farmacopornográfica: a dick is a dick.

Un libro repleto de frases atronadoras que xeneran debate “del bueno”.

Adiamos a próxima sesión, xa centrada exclusivamente en Fun home, da grandísima Alison Bechdel, para o mércores 1 de abril, ás 20.15h.

momento brindis

Se queres unirte a nós comenta esta entrada ou contáctanos polo twitter (@clubqueerunha) e darémosche os datos necesarios para conectarte!

 

O queer non para

Ao tempo que se implementan todos os protocolos de seguridade para que iniciativas como o Observatorio coruñés contra a LGTBIfobia ou a “Liña arcoris” da Federación estatal LGTB sigan a funcionar con normalidade na súa atención a persoas do colectivo durante a alerta sanitaria, son múltiples as iniciativas lanzadas por editoriais, bibliotecas, colectivos, artistas… que queren facernos este confinamento máis levadeiro.

A pesar da tristísima nova da cancelación de Eurovisión que nos vai ter dous anos (dous anos!) sin a cita musical por excelencia, non hai tempo para aburrirse. Entre foto e foto que vaias subindo sobre a túa #QUEERentena, podes conectarte a calquera destas accións.

giphy

Les Coruña organiza no seu IG unha sesión poética virtual con Yolanda Castaño á que, non cabe dúbida, asistiremos coa mantiña nas pernas. Será hoxe ás 19h.

A editorial Astiberri puxo en marcha a iniciativa “Astiberri en pijama“, un ciclo de charlas con autores e autoras que terán lugar entre o 20 e o 31 de marzo. Recomendamos a do día 31, con Nadar, autor do cómic “El mundo a tus pies” (cómic que, cando reabramos as bibliotecas, poderás levar en préstamo).

O Festival cultural LGTBi+ Salgo del armario pero no de casa leva desde o xoves cunha potente programación. Hoxe, sábado 21, desde as 11h terán directos para concertos, presentacións de libros, recitais poéticos, etc.

A editorial Amor de madre activa a Radiocuarentena, os luns, mércores e venres de 17 a 18h a través de IGTV e Youtube onde reunirán a autoras e autores para falar da actualidade en torno ao LGTB e os feminismos.

O II Encontro de literatura lésbica veuse suspendido, mais nada lles impediu achegarnos esta literatura ás nosas casas a través da iniciativa #JuevesLiterarios.

Desde febreiro existe un grupo de xente que comenta libros por IG. É o club de lectura Bookake.

E para as máis creativas (eu aquí xa me retiro), o Bloque bollero madrileño propón a creación dun Fanzine con relatos, poemas, cómics, ilustracións…

Coñeces algunha convocatoria interesante? Non queremos perdernos nada!

O club QUEERuña en #QUEERentena: #quedaNaCasaeLe

A alarma sanitaria obríganos a pechar os espazos físicos bibliotecarios e a cancelar os encontros mensuais do club. Os encontros presenciais, enténdase, porque os virtuais están animados coma sempre.

No chat do grupo falamos de coronavirus, de coronas e de virus e, como non, de libros.

Martín lánzanos un challenge, que enseguida respondimos todas, na liña da tendencia literaria #bookface, un xogo creativo que consiste en facerse fotografías substituíndo a nosa cara pola portada dun libro que queremos recomendar. É algo que habitualmente se realiza e se publica nos venres, pero nestes momentos en que o día da semana non inflúe nos nosos movementos nin dinámicas físicas (snif!), imos facelo hoxe e tamén en calquera outro momento.

Mentres planeamos a ver como podemos facer unha sesión sobre o cómic que estamos lendo para a que sería a nosa segunda sesión All Star, “Fun home: una familia tragicómica“, esperamos polas redes o teu #bookface. Etiquétanos en Instagram e Twitter para que podamos verte, @bibcoruna e @clubdelecturaqueerunha

Cuarta edición e un parón forzado

Imos xa pola cuarta edición do primeiro e, ata o momento, único club de lectura LGTB de Galicia, un club que se consolida coma un grupo diverso e estable.

O QUEERuña, desde a última entrada publicada neste blog, seguíu reuníndose mensualmente ata o mes pasado. Hoxe, mércores 18 de marzo, teríamos a nosa sesión habitual que pospoñemos ata o próximo mércores, 25 de marzo, e que transformamos nunha sesión virtual en videoconferencia.

Mais hoxe viñemos aquí para recompilar os títulos LGTB que limos, debatimos e fixemos nosos; para sacar á luz máis materiais que nos tocan, que falan de nós.

Entre outubro do 2018 e xullo do 2019, limos 9 títulos dispoñibles na Rede de bibliotecas municipais da Coruña e algún deles (2) que podes descargar en préstamo da plataforma de préstamo de libro electrónico.

Entre outubro do 2019 e a que sería a nosa reunión de hoxe, adicamos as sesións a estes títulos:

En breve publicaremos cousiñas que nos están rondando pola cabeza, e tamén información sobre a sesión virtual.

#EuQuedaNaCasa #QUEERentena