Degenerado, de Chloe Cruchaudet, en Grindr

Como telón de fondo a 1ª Guerra Mundial e tras el as secuelas que este conflicto bélico deixou no protagonista de Degenerado e na construcción da súa propia identidade sexual.

Baseada en feitos reais, a autora Choe Cruchaudet mergúllanos na sorprendente historia de Louise e o seu home travestido. Unha complexa relación que nos convida, entre outros temas, a reflexión do papel que cada un deles xoga na creación da súa propia historia e  sexualidade, qué é o que os define, como as circunstancias de afora alteran os seus mundos internos e constrúe quen son.

No Catálogo da Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña atoparedes outras novelas gráficas de esta mesma autora nas que ten un gran peso o contexto histórico no que se desenvolven ,así como cómics de outros autores nos que se aborda o tema da transexualidade, o travestismo, a identidade sexual e de xénero ou a homofobia en tempos de conflictos bélicos e represión política.

Dende aquí propoñemos esta selección:

E se queres saber máis sobre algunha destas suxerencias afíns dalgún xeito a Degenerado, simplemente preme no título que che interese e así poderás ver a sinopse, ubicación e dispoñibilidade.

Boa lectura!