O próximo mércores 27 de xullo despedimos o curso nun pícnic ao que estades todxs convidadxs.
En que consistirá? 🥝 Xs asistentes levaremos picoteo e bebida 🍻 para compartir 📚Desvelaremos a nosa lectura favorita da tempada 💅Risas & comadreo aínda que o tempo non acompañe . . Anímaste? Trae as túas ganas de #culturaLGTB e unhas 🍻!
Estamos xa preparando a programación da próxima edición 2022/2023. En setembro máis info!
Arrinca a programación especial As municipais entenden 2020 co tradicional picnic de fin de tempada do club de lectura LGTB. Será o próximo xoves, 25 de xuño, ás 19h. Como vén sendo habitual mantemos a esperanza de que sexa unha tarde soleada e poder ter a Torre de Hércules de fondo, mais vendo a predición en meteogalicia empezamos a pensar en que será no Parque Santa Margarida (para variar…).
O a-b-c do picnic: traer algo de picar/beber e unirse ao grupo. Falaremos das lecturas de toda a tempada e votaremos polas nosas favoritas. EuroQUEER, para entendernos.
Un remate para esta cuarta edición que comezou coma calquera outra mais tivo unha recta final máis distópica do que podíamos imaxinar. Confinadas no medio dunha pandemia mundial, mais afortunadas de poder seguir conectadas entre nós e coa lectura como fío condutor. Foi así que multiplicamos as sesións por zoom e fixemos variados directos en IG. Fomos o primeiro club de lectura de Galicia en facer uso conxunto da plataforma de préstamo dixital GaliciaLe e foi así como nos achegamos a “A cabeza de Medusa” de Marilar Aleixandre, e ao cómic Cappuccino commotion, de Rosa Navarro.
Esta autoficción ofrécenos un relato moi íntimo para falarnos de temas moi universais: o amor, a identidade, o sexo, o traballo, a enfermidade…
“Descubrí lo masculina que era mi identidad de género. Sin llegar a sentirme hombre, tampoco me sentía mujer. Me encontraba en ese lugar maravilloso del género no binario“
O relato está ateigado de idas e voltas, unha montaña rusa que calquera pode identificar coma propia: o primeiro traballo, mudarse, namorarse, desenamorarse, volverse mudar… o poder da necesaria mutación para sobrevivir.
A post shared by #CulturaLGTB (@clubdelecturaqueerunha) on
Isabel Coixet afirmou nunha entrevista que é un cómic de “aventuras sentimentales, soledad, trabajo, enfermedad, películas, novelas… tienen cabida en un libro rosa por fuera y con todos los colores del arco iris por dentro“. Certo é que está repleto de cores, e tamén de referencias cinematográficas (de aí o seu título, tomado dunha escena da película “Cosas que nunca te dije“, da propia Coixet) e musicais (ollo, que no blog BiblioSons publicaremos o sábado 27 de xuño un post cunha playlist moi queer en Spotify).
A autoficción do relato, onde a súa creadora é á vez protagonista, non deixa de recordarnos á nosa queridísima Bechdel e o seu Fun home: una familia tragicómica. Isto fainos preguntarnos: hai activismo detrás deste cómic?
Tamén nos trae á mente o relato “A esencia de cidade“, de María Reimóndez, onde Lugo e Vigo teñen un papel similar ao que no cómic de Navarro teñen Barcelona e Madrid: unha mudanza a unha cidade distinta como catalizador para o cambio.
O relato A esencia da cidade (de descarga gratuíta desde a web de Xerais) foi o fío condutor do último encontro virtual e conxunto que organizamos para os clubs de lectura da Rede de bibliotecas, e no que reunimos a integrantes de outros 13 grupos. Aí é nada.
María Reimóndez, a quen entrevistamos hai uns días neste blog, foi quen de arremuiñarnos para debullar man a man algunha das capas heteropatriarcais que intentan manternos sometidas. Capas ás que, non miremos cara outro lado, hai que plantarlles cara para que non ocupen máis espazo público.
Vídeo da sesión completa
O relato, confesou, é o resultado dun encargo que lle fixeron desde Italia no marco dun proxecto relacionado coa Europa das cidades e que finalmente foi rexeitado, moi probablemente por incómodo. Amnistía Internacional, moi preto no tempo, fixéralle un encargo similar e foi así como A esencia da cidade foi publicado dentro de Camiñan descalzas polas rochas: autoras polos dereitos das mulleres, do que hai un exemplar para o préstamo na Biblioteca de Estudos Locais.
O poder ten a capacidade de manifestarse en cantas formas desexa e a narración biográfica de María Reimóndez no relato A esencia da cidade lévanos, queiramos ou non, a un cara a cara con aqueles convulsos anos de sufrimento de constantes violencias silenciosas e silenciadas que, non obstante, retumbaban a máis non poder nos corpos de quen as padecemos. Un longo percorrido persoal cheo de asaltos e invasións socialmente aceptados que van conformando as nosas circunstancias, as nosas fronteiras e marcas que, como di a autora, son o mapa dos nosos corpos. E os corpos, di, son cidades.
Dentro da iniciativa #DesconfinarALingua que estamos promovendo na Rede de bibliotecas co gallo das Letras Galegas 2020, organizamos co noso club irmán O cuarto propio (de lecturas feministas) un encontro virtual en zoom con María Reimóndez en torno ao seu relato A esencia da cidade, de descarga libre e gratuíta na web de Xerais.
Unha oportunidade para falar desta e doutras obras de Reimóndez, autora galega e feminista que desconfina a lingua para ampliar as marxes e dar voz a personaxes coas que volve contar as historias que nos malcontaron antes. Unha sorte de escrita e de autora que tamén nutren o universo LGTB e contribúen aos nosos necesarios logros colectivos de converter o insulto en algo bonito e de identificar de xeito claro quen exerce a opresión e a violencia deixando xa de paso de revitimizar as vítimas. Unhas cuestións reivindicadas tamén o próximo 17 de maio polo Día internacional contra a homobofia, a bifobia e a transfobia.
Como anticipo ao encontro, que será o xoves 14 de maio ás 18h a través da plataforma zoom, e para ir abrindo o debate, María Reimóndez respóndenos a unhas cuestións que lle plantexamos. Recorda: para participar no encontro escribe a bibliotecas@coruna.es e darémosche as credenciais para conectarte.
– – – – – – –
Por que escribes?
A resposta curta, porque me divirto. A resposta longa, porque creo que é un xeito máis de intervir na sociedade, de crear mundos ou de botar luz sobre os que están ao noso arredor.
É difícil publicar?
Non son eu precisamente quen deba avaliar isto, dado que en xeral tiven sempre editoras e editores tremendamente receptivos ao que escribo, xente sen a cal sería imposible facer o que eu fago. Penso aquí en especial en Manolo Bragado, que apostou polo Ciclo dos elementos, un proxecto que, cando llo contei por primeira vez debeu de pensar que ía bébeda. Tamén en Fran Alonso.
Mais dito isto, si sei que para as mulleres, sobre todo para as que escribimos dende o incómodo, non é doado que nos abran a porta. Primeiro, porque hai un nesgo lector moi grande en xeral con respecto ás lecturas que temos como referentes. Dado que aí o principal son homes que falan de certas cousas, cando unha pon no centro do relato outras voces ou estéticas, é difícil que reciba valoración e recoñecemento. Isto nótase moito no tema dos premios de narrativa, en como se segue pensado que un personaxe masculino fala do universal e un feminino do particular.
Os editores (en masculino intencional) beben dese canon patriarcal, e isto é unha dificultade. De feito a primeira vez que fun a unha editorial, e non vou dicir o nome porque a persoa protagonista destes feitos non segue nela, un señor editor permitiuse, cando me neguei a cambiar a novela que lle presentara para que os personaxes masculinos tivesen centralidade (eran todos secundarios), literalmente berrarme e dicirme unhas cousas que non son dignas nin de deixarse por escrito. Basicamente me chamou parva e, nun contexto profesional no que eu agardaba un trato profesional, me tratou con total violencia. Lembro saír do despacho, onde me dediquei a argumentar entre os seus literais berros, e chorar no medio da rúa da rabia e da frustración. Porque estaba certa de que se fose un señor de 40 anos nunca na vida me falaría así.
Polo tanto, que a min agora non me pasen este tipo de agresións no mundo editorial porque teño unha certa idade e unha certa visibilidade, non quere dicir que non lles estean pasando a outras compañeiras. Queda moito que traballar.
A túa inspiración parte do mesmo sitio cando escribes poesía, ensaio ou narrativa?
Si, parte do que eu chamo a ira produtiva. A necesidade de explorar aquelas cousas que me proen, que me parecen inxustas ou que me parecen valentes e invisibilizadas. Creo que a ira é unha emoción que está por explorar e que só dela pode abrollar un amor xusto, sen edulcoración e romanticismos. Dá para moito falar isto pero creo que nas mulleres a ira ten moi mala fama e eu estou emperrada en quitarlla. A teoría feminista das emocións é unha ferramenta marabillosa para facelo.
Lingua e queer. Cal é a relación?
Para min a relación está máis no campo da lingua e os feminismos, dentro dos cales enmarco o queer. As teorías queer sen enfoque feminista son fondamente problemáticas (e poderiamos dicir que viceversa). É novamente un espazo de pensamento crítico moi vizoso. As escritoras feministas violentamos moitas veces as convencións patriarcais da lingua, polo tanto convertémonos en queer no sentido de estrañas e alleantes. Por outra banda, as teorías queer explotan as identidades binarias e retroalimentan esa procura dunha linguaxe “dinamiteira” (“da fala”, como se describía a María Mariño, unha das poucas homenaxeadas nas Letras Galegas). Se o vemos dende outra óptica, okupar o espazo político da lingua galega é poñer en cuestión permanentemente o poder, o cal non quere dicir que todo o que se escriba ou exprese nesa lingua estea libre de sexismo, homofobia, lesbofobia. De feito, nada máis lonxe da realidade. Pero o punto de partida témolo. O caso é querer usalo.
Que poden facer os servizos públicos, como as bibliotecas, para contribuír ao proceso de desaprender e volver aprender de novo?
Fronte á figura patriarcal do escritor como home solitario, eu creo na escrita como un feito colectivo. Para min o importante da escrita é a comunidade que se tece ao seu arredor. Non valen de nada os textos se non teñen quen os lea (e tanto teñen aquí as cifras, se nos len moitas ou poucas persoas… ben, menos se miramos o peto, que aí obviamente todas precisamos que nos lea o maior número de xente posible para poder ter uns ingresos). Para min non hai xerarquía entre as autoras, as lectoras e as mediadoras. Todas formamos parte dun ecosistema que precisa de todos os elementos para sobrevivir. Nese contexto, o labor dos servizos públicos é fundamental. As bibliotecas son un elemento democratizador da lectura inigualable. Porque igual que me parece importante que as autoras poidamos vivir da nosa escrita, tamén me parece aínda máis importante que as lectoras sen recursos poidan seguir lendo. As bibliotecas rebordan con moito esta función e convértense en dinamizadoras que alimentan o sistema completo. Creo que nese sentido, canto máis se explote esa función de humus, de promover a relación entre autoras, lectoras e mediadoras dende o espazo público, máis fortes seremos nun ambiente cada día máis hostil dende o punto de vista da lingua e tamén cara á propia lectura. As bibliotecas teñen a sorte de non seguir fins comerciais e con iso, ademais, poden dar espazo a voces que os sistemas maioritarios silencian e facer que libros que se publican en editoras pequenas, en linguas non hexemónicas, sobre temas incómodos, acaben atopando unha manda de lectoras que os acollan, simplemente porque a biblioteca os fai visibles. Todas estas funcións son indispensables.
– – – – – –
PD: Fóra do normal, de María Reimóndez (dispoñible en dixital en GaliciaLe) foi unha das nosas lecturas do ano pasado. Con el a autora logrou o Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade 2017. O libro trata a historia de André, un mozo trans admirador da banda deseñada que conforma a Patrulla Trans con Xela, Martín e Mucha. Unha rede de afectos para a superación e a mellor comprensión do mundo na que a aprendizaxe última consiste en non ter medo a ser quen se é: «no medio da treboada, a única heroicidade é resistir».
As sesións ordinarias do club de lectura LGTB son presenciais e mensuais. En tempos de confinamento, decidimos intensificar as citas e, obviamente, levalas ao entorno virtual.
Para participar nos directos en IG: só necesitas seguir a conta en Instagram do club QUEERuña e conectarte o día e hora indicados. Poderás lanzar preguntas nese momento, ou os días previos a través dos stories. Permanece atentx!.
Para participar nas sesións en zoom: escríbenos (aquí nos comentarios ou a través de twitter ou IG) e facilitarémosche as credencias para a túa conexión.
Que temos previsto para os próximos días?
Martes, 31 de marzo: Directo en IG con Gabriel J. Martín e Pablo Otero, integrante do club, ás 20.30h.
Psicólogo, escritor e activista gay, naciu en Cádiz e actualmente vive en Barcelona. Tivo titulares na prensa española como “La barba me dio la razón: aunque mi criaran como a una niña, yo era un niño“. Coñecedor da cara máis rancia do bullying, descubriu o seu vivir nun libro de López Ibor nun epígrafe adicado a “malformacións”. Gabriel é licenciado en Psicoloxía, representante do Consell Español de Psicología en la oficina LGTB da Asociación Americana de Psicoloxía (APA) e, entre outras cousas, coordinador do grupo de traballo de Psicoloxía Afirmativa LGTB do Col-legi Oficial de Psicologia de Catalunya. Un percorrido persoal e unha traxectoria académica e profesional que o dotan dunha voz experta que plasma nos seus libros Quiérete mucho, maricón (2016), El ciclo del amor marica (2017), Sobrevivir al ambiente (2018) e Gay Sex (que se publicará en maio do 2020).
Alison Bechdel e Fun home son unha das lecturas recuperadas de anos anteriores para as sesións all stars (sorry, Rupaul!). Temos falado largo e tendido sobre a autora e sobre o test que leva o seu nome, e tamén das viñetas desta xoia literaria que nos encanta. Como curiosidade engadida direivos que no cómic vemos como Alison recurre ás bibliotecas públicas para comprenderse, atoparse, definirse… e que posteriormente, no ano 2008, este mesmo cómic foi retirado durante meses dunha biblioteca pública de Marshall a petición dunha cidadá que o denunciou de “pornográfico”. Esta señora alegaba que era perigoso que as bibliotecas albergasen obras así, con eses contidos, porque poderían “seducir” á poboación xoven porque “parecen cómics”. Tiveron que pasar varios meses ata que a biblioteca en cuestión aprobou a súa Política da Colección (con apartados específicos para a adquisición de materiais) para que o cómic volvese aos seus estantes, xa que no documento recollíase de xeito explícito que a biblioteca mercaría “obras relevantes para a crítica e/ou de interese social”. Aí é nada.
Sábado, 4 de abril: Sesión QUEERmú con Éric Dopazo. Será ás 12.30h.
Neste directo Éric (@piratasenparche en IG) fará confluir os libros, a música, o transfeminismo e o vermú. Pódese pedir máis?
Martes, 7 de abril: Directo en IG con Óscar Espirita e Martín, ás 20.30h.
Óscar Espirita colabora na antoloxía de relatos queer Asalto a Oz, onde firma “El lomo de un dragón”, que é, quizás, dos máis delicados do libro, escrito en clave poética e íntima e que arranca así: “El día que me muera me meterán en una caja marrón como a un hetero más. He pedido que me incineren para que todo el mundo vea cómo las llamas se vuelven violetas. Espero que me lleven claveles. Me gustan los claveles porque son las rosas de los pobres. A mí nunca me faltó el dinero, pero me siento cercano a su escasez”. Óscar é tamén autor do conto Si el rosa es de las niñas el azul es del mar (clasificado para infantil pero válido para todos os públicos) e dos poemarios Niño marica e Animalitos.
Mércores, 8 de abril: Sesión en zoom, en torno ao relato aberto de Marta Sanz, Sherezade en el búnker (descarga gratuíta regalo da autora). Será ás 18h. Participará a autora, que nos envía este vídeo:
Sábado, 11 de abril, nova sesión #QUEERmú con Éric Dopazo. Nesta ocasión, estará acompañado de dúas autoras galegas con obras que limos no club: María Reimóndez (Fóra do normal, editado Xerais) e Eva Mejuto (22 segundos, tamén en Xerais). Ambos libros, con personaxe protagonista trans.
Iremos actualizando progresivamente coas distintas accións que vaiamos programando, como un directo en IG con representantes da Rede educativa galega de apoio LGTBIQ.
A última sesión do club QUEERuña desenvolveuse, por pura adaptación ao medio, de xeito virtual.
Despois dos problemas técnicos de rigor (que se un conecta, que se outra está sin audio, etc) a horiña de sesión transcurriu e transcurriu ben.
A pesar de que o previsto era falar sobre “Fun home: una familia tragicómica” (esta era unha das sesións All Stars, nas que recuperamos lecturas anteriores para darlles outra volta) acabamos falando integramente de Testo yonqui, híbrido entre o ensaio filosófico e a narración autobiográfica de Paul B. Preciado e do que falamos, por capítulos, en todas as sesións desta edición.
Testo yonqui é o relato da automedicación do autor, un experimento persoal co seu propio corpo, ao que lle aplica testosterona en xel. O libro é, ao fin, unha exploración persoal e, tamén, política.
Imaxe tomada de eldiario.es
Algunos toman hormonas siguiendo un protocolo de cambio de sexo, otros trafican y se administran hormonas sin esperar un cambio de sexo legal y sin pasar por un protocolo psiquiátrico, sin identificarse como “disfóricos de género”, gender hackers. Yo pertenezco a este grupo de usuarios de la testosterona. Somos usuarios copyleft: es decir, consideramos las hormonas sexuales como biocódigos libres y abiertos cuyo uso no debe estar regulado ni por el Estado ni confiscado por las compañías farmacéuticas.
Fala de identidade sexual fluída e non estanca, de sexualidade e capitalismo, de pornografía, feminismo e da industria do sexo. Pero tamén de desexos e encontros sexuais, de hormonas, dildos e de activismo queer. Mais os termos estrela que nos sacuden son o de tecnosexualidade e farmacopornografía. Toma pepinillo!
Detrás de cada machito social se esconde un cuerpo cibernético que desea ser penetrado como una furcia, violado y humillado por una rubia fascista, por una amazona de cabeza rapada y dildo de veinte centímetros o por la metralleta de una joven saudí que exhibe su cuerpo y oculta su rostro bajo un velo. Esa es la verdad de la economía farmacopornográfica: a dick is a dick.
Un libro repleto de frases atronadoras que xeneran debate “del bueno”.
Adiamos a próxima sesión, xa centrada exclusivamente en Fun home, da grandísima Alison Bechdel, para o mércores 1 de abril, ás 20.15h.
Se queres unirte a nós comenta esta entrada ou contáctanos polo twitter (@clubqueerunha) e darémosche os datos necesarios para conectarte!
Último debate do curso, queeruñxs! Desta vez comentamos a derradeira lectura que teremos ata o comezo da nova tempada do club de lectura LGTB Queeruña no 19 de outubro, data na que retomaremos os nosos encontros e de bonus track… a cea de rigor! Por suposto, seguiremos informando nestes lares sobre novidades ao respecto, pero por agora gardade a data!
Comecemos polo primeiro. Dimos a benvida a Alberto, novo integrante do club que tamén forma parte do club semanal dos mércores. Tras convidalo ó seguinte curso 2018/2019, do que daremos información da apertura da inscripción, puxémonos a comentar a novela xuvenil 22 segundos, obra de Eva Mejuto.
Cun aprobado e aplauso xeral, coincidimos en que o libro presenta dun xeito axeitado, empático e efectivo a realidade transexual a persoas adolescentes. Vese un traballo en profundizar nos sentimentos e no proceso de recoñecemento da identidade, algo que valoramos xa que a autora non forma parte do colectivo trans.
Agradecimos que o discurso non fora o chirriante lema “nacer nun corpo equivocado”, e que a argumentación estivera menos centrada na corporalidade. Destacamos a clara intencionalidade didáctica da novela, na que se menciona o exemplarizante documental El sexo sentido, e tendo en conta este obxectivo, criticamos que soamente amosase unha visión hexemónica da masculinidade, se ben puido ter deixado un espectro máis amplo na segunda parte que nos aventuraba nesta entrevista a propia autora. Talvez botamos en falla un glosario ou mesmo un listado de canles de YouTube consultadas.
Falando de redes sociais, subliñamos o positivo de que agora a xuventude teña á súa disposición toda a información que desexe a través de internet, e mesmo testemuños de persoas que están a vivir a súa transición e que a comparten a través de YouTube. Preguntámonos, dentro desta vagada de optimismo que desprende a obra, se este punto de vista tan dulcificado tería sido o mesmo se tratáramos do caso dunha rapaza trans, con todas as violencias que se suman ó feito de ser lida socialmente como muller.
Doutra banda, o encontro deu de si para falar da despatoloxización da transexualidade por parte da OMS (obtiva hai un mes) e da campaña Hay niñas con pene y niños con vulva, promovida por Chrysallis Euskal Herria. Desde logo, hai camiño avanzado, e desta vez tivemos un encontro para valorar unha historia en positivo!
E así chegamos ao peche de curso do club de lectura LGTB Queeruña! Lembrade que informaremos de cando se abra o prazo para inscribirvos no vindeiro, e que xa programamos que a primeira sesión para comentar libro e facer a cea será o venres 19 de outubro. Seguide achegándovos a esta fiestra para coñecer as lecturas e máis detalles. Bo verán!
Como estades levando o comezo de verán, queeruñxs? Xa temos máis horas de sol para disfrutar de lecturas ao aire libre! E tamén das actividades de #AsMunicipaisEntenden, o programa especial das Bibliotecas Municipais da Coruña co gallo do Orgullo LGTB. Neste ano organizaron unha sesión moi especial de contacontos infantís e de literatura infantil LGTB. Xs queeruñxs tivemos a sorte de ser invitadxs tras ter escollido contos para distintas idades na semana pasada.
O certo é que quedamos abraiadxs da riqueza da literatura infantil, e agradecimos que as bibliotecarias nos tiveran descuberto as diferenzas entre os libros concebidos para que adultos expliquen a nenxs una situación, moito máis guiados no relato, empregados como algo instrumental –aprenderlle á rapazada algo, como o caso dos libros de Teo- e os que espertan a imaxinación, e non só a de xs máis peques!
A escolma das bibliotecas trataba todo tipo de cuestións relacionadas coa diversidade sexual –estereotipos, identidade, familias homoparentais…- e mesmo databan de épocas distintas, polo que puidemos facer un percorrido pola literatura infantil LGTB concluíndo que aínda estamos a tratar este tipo de cuestión nun primeiro paso ó que de seguro virán outros máis.
De feito, salientamos datos como que o primeiro libro no que aparece dun xeito explícito a palabra transexual –Soy Jazz– data do ano 2017. Esta achega, aínda que resulta un fito, trátase dun libro moi dirixido que explica a situación, pero ó que lle falla chegar a empatizar con quen le a obra: explica os problemas que tivo Jazz, como a axudou a súa familia… Pero peca de exceso de descripción fronte á emoción que permita identificarse e empatizar realmente coa situación que se presenta.
Destacamos tamén obras máis antigas. Anos atrás, en 1936, temos unha obra que segue a cautivar á rapazada cun relato que reviste actualidade: Ferdinando el toro. Un libro que tivo que esquivar a censura coa historia dun touro que é diferente ó resto, ó estereotipo: non é fero, é sensible… Unha obra que ademáis está dotada dunhas ilustracións que complementan o texto. Outro clásico moderno é Oliver Button es una nena, publicado no ano 1979, e que a día de hoxe ten temas dos que tirar sobre estereotipos.
Con esta retrospectiva feita, imos presentar todos os contos que saíron nesta sesión tan especial. Dividímolos en os nosos favoritos e, digamos, os nosos menos favoritos, aínda que para gustos… Velaquí os tedes:
Os nosos cinco favoritos da literatura infantil LGTB
Monstruo rosa: unha historia tenra, que incita a soñar e que logra o fin último, espertar a empatía. Porque todxs somos monstruos rosas nalgún momento da nosa vida…
Por cuatro esquinitas de nada: non cambies ti, que cambie o entorno! Isto dito cunha imaxe aparentemente simple pero cargada de significado.
Titiritesa: unha xoia preciosista con alusións ó mundo circense, que fala do tacto e da pulsión.
Families, families, families!: catálogos de familias diferentes que espetan a imaxinación da rapazada. Sutilmente, sen xulgar, expresa toda unha amalgama de diversidade a través de familias de animais.
Sofía, la vaca que amaba la música: outra historia tenra sobre estereotipos e como encaixar na sociedade buscando un oco no que recoñecerse entre outras diversidades.
Os nosos cinco menos favoritos da literatura infantil LGTB
Con Tango son tres: unha historia real que pon en escea á familia homparental e a xestación subrogada, tema que nos xerou algo de inquedanza pola superficialidade coa que podía presentar o tema a xente nova.
Esperando a Pingüi: unha nova achega á xestación subrogada dun xeito un tanto superficial. Agradecemos que existan contos que poñan a cuestión na vista dxs nenxs, pero talvez dun xeito máis traballado.
Héctor, el hombre extraordinariamente fuerte: un forzudo que ten un segredo… calcetar. Non nos convence o punto de partida do autor de amosar esa ruptura do estereotipo coma un segredo que debe agochar, se ben as ilustracións e a mensaxe final calou fondo en nós.
Rey y rey: historia clásica de procura do amor dun rei… pero con outro rei. Entendemos que replica a historia do “casting amoroso” dos contos tradicionais e que, neste senso, non resulta tan rompedor.
Ahora me llamo Luisa: historia tenra, cunha ilustración moderna e actual… pero que segue a ser o mesmo relato que se podía contar hai dez anos atrás, mesmo sendo unha obra de 2016.
Pola nosa parte, xs queeruñxs estamos a ler 22 segundos, obra de literatura xuvenil escrita por Eva Mejuto. A autora estivo presentando o libro na biblioteca do Ágora o xoves 21 de xuño, e nós comentaremos este texto o vindeiro venres 20 de xullo, cando, posteriormente, teñamos unha cea de confraternización queeruña. Non faltes!
La verdad sobre los mapas es que no se miran, se leen. Leer el mapa, leerse a unx mismx desde una posición geográfica, temporal… circunstancial, en definitiva. Fue probablemente lo que más nos encandiló de los quince relatos de Posiciones geográficas, obra de la eslovena Suzana Tratnik publicada por nuestra adorada editorial LGTB Dos Bigotes.
En el encuentro de este mes tuvimos la suerte de contar con un queeruño que había vivido su Erasmus en Eslovenia y que pudo contrastar y aportarnos una visión cercana sobre el país y el grado de apertura hacia la diversidad sexual. Coincidimos en que, a través de la lectura de Tratnik, no quedábamos con la imagen de un país abierto, sino más bien el de uno en el que persistía cierta represión tras la primera fallida intentona de aprobar el matrimonio igualitario. Esto contrastaba con la imagen de Metelkova, el barrio LGTB de Ljubljana, situado en un antiguo edificio militar okupado que hasta aparece en las guías turísticas.
De los quince relatos presentados, si bien no todos ellos presentan un hilo argumental LGTB, reconocimos no llegar a pillarle el punto a dos de ellos y manifestamos nuestro amor por cuatro o cinco, entre los que destacamos Cosiendo a la princesa, que presenta el disfraz como un recurso persistente en todo el libro. Como dato curioso, también nos llamó la atención que se mencionase el salami en tan contadas ocasiones en varios relatos…
Tratnik nos trae una serie de microcosmos que condensan la incapacidad de asumir la propia historia personal y la pelea por resolver este trance. Un trance en el que nos dejó en varias ocasiones en las que, como ocurre en algún museo, nos hubiese gustado contar con una cartela en la que al menos se reflejasen unos datos básicos para no perder contexto.
Tras el encuentro mensual, tuvimos el gustazo de que desde las Bibliotecas Municipais de A Coruña nos propusiesen leer una selección de cuentos infantiles que reflejan la diversidad sexual para, el próximo miércoles 21, ponerlos en común, sin buscar mayor información sobre cada uno de ellos. A su vez, cogimos nuestra última lectura del curso, 22 segundos, novela de Eva Mejuto sobre una personalísima historia de asunción de identidad trans.
Entre cañas, vino y algún agua, consensuamos que el día del encuentro de fin de curso sea el viernes 20 de julio, cuando haremos fin de fiesta con una cena queeruña a la que ya estáis tardando en apuntaros a través de nuestro grupo de whatsapp (si no estás apuntadx, escríbenos en comentarios, por mail o a nuestro Twitter). ¡Brindemos por la cultura LGTB compartida entre amigxs!
¡Hola, queeruñxs! Este miércoles tuvimos nuestro encuentro mensual sobre la lectura La difícil vida fácil, una obra que, aunque no nos convenció del todo –salvo alguna excepción entre el público- dio de sí para comentar temáticas que tal vez no hubiesen surgido en ningún otro libro: la regularización de la prostitución, la propia concepción del sexo en personas con distintas capacidades, el coitocentrismo o las diferencias de género dentro del ámbito sexoafectivo.
La difícil vida fácil se trataba del primer estudio que hemos leído en el club. Combina una introducción ensayística con tintes científicos con una parte literaria y de trabajo de campo en la recogida de los doce testimonios. En general, consideramos que el volcado de estas entrevistas se queda en un primer estadio que nos dejaba con ganas de profundizar en las personalidades que nos presentaba Iván Zaro. También esperábamos en cierta medida encontrar cómo se ha trabajado desde asociaciones y ONGs en favor de la salud y de la prostitución ejercida libremente, conociendo los riesgos.
Todxs coincidimos al apuntar que se podía haber ofrecido una visión más completa del panorama de la prostitución masculina, donde también opinamos que no se podía aplicar ningún tipo de comparativa con la femenina, como apuntaba algún testimonio. En este sentido, mencionamos la película Las sesiones o el documental Yes, we fuck, así como El mito de la libre elección y El putero español, para dotarnos de distintos puntos de vista sobre la sexualidad, la terapia sexual y la prostitución, temas en ocasiones confundidos y difusos.
Tras el encuentro, cubrimos un cuestionario con propuestas de mejora para el club (si no estuviste y quieres dejarnos tu opinión, escríbenos en comentarios, por Twitter o por mail); una dinámica común a todos los clubs de lectura de las Bibliotecas Municipales. Por supuesto, no pudo faltar nuestro tradicional piscolabis after-queeruña, donde propusimos una cena de fin de curso para algún viernes de julio (debatido en grupo de whatsapp, ¡escríbenos para sumarte!).
Dentro de nuestras próximas citas, el 7 de junio a las 18:45h tendremos un encuentro cerrado para clubs de lectura con Alejandro Palomas, autor de la obra Una madre, ya comentada en Queeruña. El próximo miércoles 13 de junio pondremos en común Posiciones geográficas, una obra de la autora eslovena Suzana Tratnik editada por nuestros adoradísimos chicos de Dos Bigotes. Ese día tendremos como siguiente propuesta una serie de cuentos infantiles LGTB para, el 20 de junio, participar en una sesión dedicada a cómo tratar la diversidad sexual en la infancia, impartida por personal de las Bibliotecas Municipales. Además, el mismo 20 de junio recibiremos el último libro del curso, 22 segundos, obra que comentaremos el 18 de julio. ¿Recordamos fechas? Todas ellas en el centro Ágora.
7 de junio, 18:45h: encuentro con Alejandro Palomas para clubs de lectura.
13 de junio, 19h: encuentro sobre Posiciones geográficas y entrega de cuentos LGTB.
20 de junio, 19h: encuentro especial con motivo del Orgullo con personal de Bibliotecas Municipales sobre tratamiento de diversidad sexual en infancia a través de cuentos LGTB. Entrega de la última obra, 22 segundos.
18 de julio, 19 horas: último encuentro del curso sobre 22 segundos.
Cena club Queeruña: algún viernes de julio todavía por determinar, ¡atentxs a sus pantallas