QUE É O CLUB DE LECTURA QUEERuña?
Os clubs de lectura LGTB QUEERuña pertencen á Rede de Bibliotecas Munipais da Coruña. Son clubs “especializados” dado que as lecturas que se realizan no seu seo obedecen fundamentalmente a tres criterios básicos:
- o autorial: materiais creados por persoas gais, lesbianas, bisexuais, transexuais, …
- o repertorial: materiais que falen de persoas LGTB
- o universo: materiais que reflictan a realidade lésbica, bisexual, …
Os libros son facilitados pola Rede de bibliotecas e sempre prima un destes criterios mencionados aínda que, en ocasións, poden repartirse tamén materiais que tocan temas próximos coma os feminismos. O importante do club é a perspectiva queer que cada persoa participante aporte nas lecturas e, por suposto, nas sesións.
Púxose en marcha no ano 2016 e foi o primeiro club de lectura Lgtbi+ de Galicia (e segundo de España!). É un club de periodicidade mensual e desenvolve as súas sesións na Biblioteca Municipal Ágora, onde hai unha sección con múltiples materiais en torno ao Xénero e aos feminismos e que conta, tamén, cun espazo específico para as diversidades sexuais e de xénero, ou LGTBIQ+.
A Rede de bibliotecas conta ademais con este espazo dixital onde falamos das lecturas do club, pero tamén dos fondos LGTB dispoñibles no seu catálogo. Hai espazo para a actualidade literaria e todo o relacionado coa diversidade na Coruña.
COMO PARTICIPAR NO CLUB
Actualmente temos 2 grupos de lectura LGTB.
Abrimos as inscricións cada ano, ao inicio da tempada dos clubs de lectura (setembro ou outubro). Hai un total de 20 prazas en cada grupo (que é o número de exemplares máximo que podemos facilitar) e sempre almacenamos tamén unha listaxe de espera da que tiramos no caso de producirse baixas. Anótate no grupo 1 ou no grupo 2 e, de producirse vacantes, avisarémoste!
Para calquera información podes escribirnos nos comentarios ou enviarnos un mail a bibliotecas@coruna.gal
O INSTAGRAM E O TWITTER
A rede de bibliotecas dispón de perfís en instagram (@bibcoruna) e en twitter (@bibcoruna).
Persoas que integran o club alimentan un IG (@clubdelecturaqueerunha) e un twitter (@clubqueerunha) propios no que difunden cultura LGTB e as sesións e actividades do propio club.
Buenos días estaba interesado en inscribirme al club de lectura pero no puedo acceder a mi usuario. Quería saber si había otra posibilidad de inscripción. Mi número de teléfono es el 622211845. Desde ya muchas gracias
GústameGústame
Ola Fabricio! Escribe por favor a bibliotecas@coruna.es
Saúdos!
GústameGústame