Á anterior programación de directos en instagram e sesións virtuais e abertas do club, súmanse agora estas novas convocatorias ás que vos convidamos a participar.
Para os directos, coma sempre, só necesitas conectarte a Instagram nos días e horas sinalados. Para as sesións virtuais, escríbenos un comentario nesta entrada ou un mail a bibliotecas@coruna.es e darémosche as credenciais para conectarte.
- xoves 23 de abril: directo en IG no DÍA DO LIBRO. Martín volve poñerse ante os micrófonos para falar coa libraría Berbiriana sobre as librarías como espazos seguros para o colectivo LGTB, sobre libros e sobre o público lector. Será ás 20.30h no IG do club @clubdelecturaqueerunha
- martes 28 de abril: Andrés fará un directo en IG coa Rede educativa de apoio LGBTIQ, a rede de profesorado e educadorxs en Galicia que traballan pola diversidade LGBTIQ+ nos centros educativos. Falarán, entre outras cousas, da importancia dos referentes e da literatura para un alumnado máis diverso. Será ás 20.30h no IG do club @clubdelecturaqueerunha
- mércores 29 de abril: sesión en zoom con Pablo Carreiro, autor vigués do cómic Chico!, que vén de liberar para a súa descarga e lectura gratuíta no confinamento.

- mércores 6 de maio: monográfico “refuxiades LGTB“ e directo IG con Martín Iglesias, que dende Dresden está a traballar con persoas refuxiadas en distintos proxectos sociais e educativos. Será no Instagram do club ás 20.30h.
- xoves 14 de maio: sesión en zoom arredor do relato A esencia da cidade que María Reimóndez creou no ano 2016 para a descarga libre polo Día internacional contra a violencia machista.

- xoves 4 de xuño: sesión en zoom arredor do libro A cabeza de medusa, de Marilar Aleixandre, que está dispoñible para o préstamo en GaliciaLe, a plataforma de préstamo de libro electrónico.

- xoves 18 xuño: sesión en zoom arredor do cómic Capuccino commotion, de Rosa Navarro, dispoñible para a préstamo en ebiblio Galicia

Que che parecen as propostas? Anímaste a participar?