Lecturas.gal para #DesconfinarALingua e a LGTBIfobia

En catro anos de andaina do primeiro (e polo momento único) club de lectura LGTB en Galicia, tivemos múltiples oportunidades de atoparnos coas nosas letras e coas creadoras galegas que falan de nós e para nós; que nos interpretan e representan nos diversos espazos literarios.

As letras galegas o 17 de maio teñen unha celebración dobre porque hoxe conmemórase tamén o Día Internacional contra a LGTBIfobia. Cómpre entón destacar o papel que as nosas letras e creadoras teñen na erradicación das violencias e na normalización e visiblización do colectivo LGTB.

Recomendamos aquí algunha das obras en galego que levamos lido no club (podes ver a relación completa na pestana Que limos?):

Tamén dentro da iniciativa #DesconfinarALingua da Rede de bibliotecas municipais da Coruña para as Letras Galegas 2020, as integrantes do club de lectura quixemos cubrirnos a cara con máscaras de creación en galego para destacar o papel universal e transversal da nosa lingua, eliminando barreiras abrindo a xanela grande de todo o que ofrece o idioma.

Que recomendacións nos fas ti para #DesconfinarALingua?