Boas, queeruñxs! Xa estamos a menos dunha semana para o noso encontro centrado na novela xuvenil 22 segundos, de Eva Mejuto. Tras publicar a entrevista coa autora no post da semana pasada, hoxe poñémonos cunha proposta de temas para dar de si de seguro que máis de 22 segundos de debate.

  • Youtubers trans: a historia de Álex, relatada na novela, inspírase en moitos casos reais de adolescentes -e non tan adolescentes- que deciden compartir a súa vivencia da transexualidade a través da famosa rede social YouTube. Unha das persoas máis coñecidas da comunidade trans é Aydian Dowling, quen chegara a ser portada da tradicional revista dedicada a público masculino heterosexual Men’s Health. Coñecedes algún outro caso popular nas redes? Que opinades desta saída do armario dixital e a visibilidade que reporta ó colectivo?

aydian-transgender-mens-health-ultimate-man__oPt

A propósito dos youtubers, na rede temos exemplos de varixs adolescentes booktubers que fixeron as súas revisións sobre a novela 22 segundos. Velaquí tedes un exemplo:

  • Lecturas para unha adolescencia trans: esta é a primeira novela xuvenil que lemos no club sobre unha das siglas probablemente máis esquecidas no devir das reivindicacións da diversidade sexual. Por sorte, nos últimos anos publicáronse obras que abren unha fiestra ao pensamento. No catálogo de As Municipais Entenden tedes varios exemplos.
  • Roles de xénero: Álex relátanos nos primeiros capítulos o seu rexeitamento ó tradicionalmente asignado a un rol feminino, tal como o pelo longo, as saias e vestidos… Se ben se trata dunha experiencia personalísima, credes que se está a remitir a transexualidade cara unha hipermasculinización ou unha hiperfeminización, dando lugar ó arrepiante lema “atrapado no corpor dunha muller”?
  • Rede de apoio e visión positiva da transexualidade: esta historia trátase das poucas que reflicten con humor e optimismo o espertar da identidade sexual. Credes que a rede de apoio da que conta Álex (mestras na escola, familia…) axudan a enfocar a experiencia cara o optimismo?

Lembrade que a derradeira sesión do club de lectura LGTB Queeruña quedará para o mércores 18 de xullo ás 19h. Finalmente, a cea vaise retrasar para a volta do curso escolar, entre setembro e outubro. Daremos máis información nestes lares, no grupo de whatsapp e no Twitter.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s